xoves, 19 de novembro de 2026

Listaxe admitidos/excluídos MOBGr Freudenstadt e horario entrevistas



Publicación das listaxes de admitidos e horarios das entrevistas

No taboleiro ERASMUS+ do instituto e tamén neste blog, publicaránse as listaxes de admitidos e os horarios das entrevistas, que comezan o vindeiro luns, 23 de novembro.


No caso de non poder asistir, tedes que xustificar documentalmente a vosa ausencia para poder repetir a entrevista.


Estade atentos!!!

mércores, 4 de novembro de 2026

CONVOCATORIA MOBILIDADE DE GRUPO - Barcelos (Portugal)

MOBILIDADES – ACREDITACIÓN ERASMUS+ 2026/27
CONVOCATORIA DE MOBILIDADE DE GRUPO



Datos da convocatoria

· Centro portugués: Escola Secundária de Barcelinhos (Barcelos, Portugal).

· Lingua vehicular: Inglés.

· Alumnado destinatario: 3º e  4º ESO.

· Duración da mobilidade de grupo: entre 5 e 7 días.

· Prazas dispoñibles: 15 estudantes.

Datas da mobilidade: Acollida do 1 ao 5 de febreiro / Mobilidade a Portugal no vindeiro curso 2027/2028


Buscamos 15 estudantes interesados/as en participar nunha mobilidade de grupo co centro portugués, Escola Secundária de Barcelinhos (Barcelos, Portugal), empregando o inglés como lingua vehicular. Esta mobilidade está dirixida ao alumnado que curse 3.º e   4.º ESO. A actividade ten como obxectivo asistir ás clases ordinarias do centro de acollida, realizar presentacións orais e desenvolver traballos en grupo en lingua inglesa sobre o tema "Hábitos de vida saludables y deportes tradicionales". Ademais, participaremos nalgunhas das actividades propostas polo centro portugués e realizaremos tarefas colaborativas en grupos internacionais. 

Como parte do compromiso de participación, solicitarase unha fianza ás persoas seleccionadas.

Presentación de solicitudes

O alumnado interesado deberá descargar o formulario adxunto, cubrilo e envialo ao seguinte enderezo electrónico:

erasmuslagoas@gmail.com

 

Data límite de presentación: mércores, 11 de novembro de 2026, ás 23:59 h.


FORMULARIO - premer en Arquivo e descargar!!!!

BAREMO

CONVOCATORIA MOBILIDADE DE GRUPO: Berlín (Alemaña)


MOBILIDADES - ACREDITACIÓN ERASMUS + 2026/27

CONVOCATORIA DE MOBILIDADE DE GRUPO

 

Datos da mobilidade -  MOBILIDADE DE GRUPO

CENTRO ALEMÁN: Otto-Nagel-Gymnasium (Berlín / Alemaña)

LINGUA: ALEMÁN

ALUMNADO: 1º BAC

MOBILIDADE DE GRUPO: 5 días

PRAZAS DISPOÑIBLES: 6-9 estudantes

DATA DA MOBILIDADE: semana do 8 de xuño 2027

 

Buscamos de 6 a 9 alumnos/as interesados/as en levar a cabo unha MOBILIDADE DE GRUPO cun instituto en Berlín (Alemaña), o Otto-Nagel-Gymansium, empregando como lingua vehicular o ALEMÁN. Esta mobilidade está enfocada ao alumnado que curse alemán en 1º de Bacharelato. Esta actividade ten como obxectivo asistir a clases ordinarias, traballar mediante a ferramenta eTwinning o tema “Europäische Werte, Gleichheit und Vielfalt”, presentacións en lingua alemá. Participaremos nalgunhas actividades propostas pola escola alemá, así como traballo en grupos internacionais. Como parte do compromiso, solicitarase unha fianza aos participantes.

 

Os/as alumnos/as interesados/as deben descargar o formulario anexo, cubrilo e entregalo enviándoo ao correo electrónico: erasmuslagoas@gmail.com.

Data límite: mércores, 11 de novembro de 2026, ás 23:59h.

Despois convocaremos ao alumnado interesado para unha entrevista persoal e aplicaremos o baremo adxunto.

 

IMPORTANTE:

O Alumnado de 1º BACH só poderá elixir una mobilidade ERASMUS+

 

FORMULARIO - premer en Arquivo e descargar !!!

BAREMO



CONVOCATORIA MOBILIDADE INDIVIDUAL DE CURTA DURACIÓN - Noisy-le-Grand (Francia)

MOBILIDADES – ACREDITACIÓN ERASMUS+ 2026/27 E 2027/28

CONVOCATORIA DE MOBILIDADE INDIVIDUAL DE CURTA DURACIÓN



Datos da mobilidade

  • Centro francés: Lycée Évariste Galois (Noisy-le-Grand, Francia).
  • Lingua vehicular: francés.
  • Alumnado destinatario: 4.º de ESO / 1.º de Bacharelato.
  • Duración: 2 semanas.
  • Prazas dispoñibles: 1 - 2
  • Datas da mobilidade: acollida dunha alumna francesa neste curso (xuño de 2027) e mobilidade a Francia en setembro de 2027 (a acollida será na casa da persoa participante e esta deberá comprometerse a ofrecer aloxamento á estudante francesa)

Buscamos un/unha estudante interesado/a en participar nunha mobilidade individual de curta duración (2 semanas) co instituto francés Lycée Évariste Galois (Noisy-le-Grand, Francia), empregando o francés como lingua vehicular.

Esta mobilidade está dirixida ao alumnado que curse francés en 4.º de ESO ou 1.º de Bacharelato, preferentemente a aquel que teña intención de continuar estudando esta materia como segunda lingua estranxeira no vindeiro curso.

A actividade ten como obxectivo acoller unha alumna francesa no noso centro durante o presente curso, no mes de xuño de 2027, e realizar posteriormente a mobilidade a Francia ao comezo do curso 2027/28, en setembro de 2027.

Durante a estadía en Francia, o/a estudante asistirá ás clases ordinarias do centro de acollida.

Como parte do compromiso de participación, solicitarase unha fianza ás persoas seleccionadas.

Presentación de solicitudes

O alumnado interesado deberá descargar o formulario adxunto, cubrilo e envialo ao seguinte enderezo electrónico: erasmuslagoas@gmail.com

Data límite de presentación: mércores, 11 de novembro de 2026, ás 23:59 h.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, convocarase o alumnado interesado para realizar unha entrevista persoal e aplicarase o baremo de selección que se achega como documento adxunto.

 

FORMULARIO - premer en Arquivo e descargar !!! 

BAREMO


CONVOCATORIA MOBILIDADE DE GRUPO - Freudenstadt (Alemaña)

MOBILIDADES - ACREDITACIÓN ERASMUS + 2026/27

CONVOCATORIA DE MOBILIDADE DE GRUPO

 


Datos da mobilidade -  MOBILIDADE DE GRUPO

CENTRO ALEMÁN: Keplergymnasium (Freudenstadt / Alemaña)

LINGUA: ALEMÁN

ALUMNADO: 3º e 4º ESO

MOBILIDADE DE GRUPO: 5-7 días

PRAZAS DISPOÑIBLES: aprox. 15 estudantes

DATA DA MOBILIDADE: semana do 5 de abril 2027

TEMÁTICA: Cultura e folklore tradicional


Buscamos 15 alumnos/as interesados/as en levar a cabo unha MOBILIDADE DE GRUPO  cun instituto en Freudenstadt (Alemaña), o Kepler-Gymansium, empregando como lingua vehicular o ALEMÁN. Esta mobilidade está enfocada ao alumnado que curse alemán en 3º e 4º ESO. Esta actividade ten como obxectivo asistir a clases ordinarias no instituto alemán, realizar presentacións en lingua alemá, traballos en grupo etc. Participaremos nalgunhas actividades propostas pola escola alemá, así como traballo en grupos internacionais. Como parte do compromiso, solicitarase unha fianza aos participantes.

 

Os/as alumnos/as interesados/as deben descargar o formulario anexo, cubrilo e entregalo enviándoo ao correo electrónico: erasmuslagoas@gmail.com.

Data límite: mércores, 11 de novembro de 2026, ás 23:59h.

Despois convocaremos ao alumnado interesado para unha entrevista persoal e aplicaremos o baremo adxunto.


IMPORTANTE: O formulario debe ser descargado e gardado en formato PDF para envialo nese formato.


FORMULARIO -premer en Arquivo e descargar !!!

BAREMO

CONVOCATORIA MOBILIDADE DE GRUPO - Francavilla Fontana (Italia)

MOBILIDADES – ACREDITACIÓN ERASMUS+ 2026/27

CONVOCATORIA DE MOBILIDADE DE GRUPO

Datos da mobilidade

· Centro italiano: Liceo Statale «Francesco Ribezzo» (Francavilla Fontana, Italia).

· Lingua vehicular: inglés.

· Alumnado destinatario: 1.º de Bacharelato (preferentemente alumnado de STEAM Bach).

· Duración da mobilidade de grupo: entre 5 e 7 días.

· Prazas dispoñibles: 15 estudantes.

· Datas da mobilidade: semana previa á Semana Santa (marzo de 2027) / acollida posiblemente en febrero 2027

· Temática. Patrimonio e lazos culturais


Buscamos 15 estudantes interesados/as en participar nunha mobilidade de grupo co centro italiano Liceo Statale «Francesco Ribezzo» (Francavilla Fontana, Italia), empregando o inglés como lingua vehicular.

Esta mobilidade está dirixida ao alumnado que curse 1.º de Bacharelato, preferentemente ao alumnado de STEAM Bach.

A actividade ten como obxectivo asistir ás clases ordinarias do centro de acollida, realizar presentacións orais e desenvolver traballos en grupo en lingua inglesa. Ademais, participaremos nalgunhas das actividades propostas polo centro italiano e realizaremos tarefas colaborativas en grupos internacionais.

Como parte do compromiso de participación, solicitarase unha fianza ás persoas seleccionadas.

Presentación de solicitudes

O alumnado interesado deberá descargar o formulario adxunto, cubrilo e envialo ao seguinte enderezo electrónico:

erasmuslagoas@gmail.com 

Data límite de presentación: mércores, 11 de novembro de 2026, ás 23:59 h.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, convocarase o alumnado interesado para realizar unha entrevista persoal e aplicarase o baremo de selección que se achega como documento adxunto.

IMPORTANTE:

O Alumnado de 1º BACH só poderá elixir una mobilidade ERASMUS+


FORMULARIO - premer en Arquivo e descargar !!!

BAREMO

luns, 2 de novembro de 2026

Artigo "Cultivando a Cidadanía Europea" / Conchita Guerra

A nosa compañeira xunto cos seu alumando de 1º ESO levou un dos propósitos do noso proxecto ERASMUS+ a cabo: un horto no centro. Para coñecer o que fixeron, tedes aquí o artigo:

Cultivando a Cidadania Europea: Horto Escolar Sostible (nos grupos de 1º E.S.O.)

no I.E.S. “As Lagoas” Ourense (España).Curso 2025-2026

  1. Xustificación do proxecto. Encadre nas prioridades Erasmus +

    1. Loita contra o cambio climático e medio ambiente: Agroecoloxía, biodiversidads e reducción da pegada de carbono.

    2. Inclusión e diversidade: Traballo cooperativo adaptable a alumnado con necesidades específicas de apoyo educativo (NEAE).

    3. Promoción da ciudadanía activa e dimensión europea Comparativa de tradiciones agrícolas, soberanía alimentaria e dietas mediterránea/continentales



  1. Obxectivos principais


-Pedagóxicos: química do chan, bioloxia vexetal

-Solucións de baixo coste: compra de bolsas de turba. Riego con regadeira tradicional a falla dun sistema de rego. Non contamos cun sistema de rego deseñado para monitorizar o rego

-Ambientales e alimentarios. Cultivos propios da zona de Galicia como leitugas, tomates, con coste baixo para adaptalo ao orzamento do centro escolar

-Reducción de desperdicios, tratando de facer abono coa pel da froita que se come nos recreos para facera logo de compostaxe.

-Internacionais e Inclusivos

Traballando o vocabulario dos productos que plantamos, instrumentos que utilizamos, acciones que realizamos en lingua francesa.


  1. Contidos específicos

-Sostenibilidade e Agroecoloxía

-Nutrición e cultura alimenticia. Estudando sinxelos patróns alimenticios galegos e comparando con algún productos europeos que as veces non son moi coñecidos e que tampocou se darían ben nestas latitudes.

-Emprendimento e economía circular. Tratando e sempre adaptado a idade de 11-12-13 anos que teñe o alumnado de ser emprendedores. De ir facendo regos calculando con simples follas de cálculo (traballando a matemática).

Con unha simple economía circular porque alguns dos profesores nos acercaron sementes e plantóns provenentes de hortos da familia, amigos,etc. (agradecemos enormemente á súa colaboración).

A decisión de facer un horto escolar que no noso caso foi aproveitando uns bancais xa existentes e que amablemente nos permitiu utilizar o profesorado de bioloxía e o equipo directivo (que colaborou coa compra de certo material do que non dispoñiamos), é un recurso pedagóxíco extraordinario. Vai moito máis alá de plantar e regar. É un laboratorio vivo de sostenibilidade, ciencia, emprendimento, traballo en equipo e aprendizaxe de plantas, instrumentos, acción,etc en francés (unha das linguas da UE, materia escolar no noso centro de I.E.S: “As Lagoas”.

Esta actividade pode ter interacción con bioloxía (fotosíntesis, taxonomía vexetal,etc), con Física y Química (química do chan, análisis das augas,etc), Matemáticas (áreas, perímetros, rendimento), en Tecnoloxía (deseño de rego,etc), en Xeografía/Historia (especies autóctonas frente a especies invasoras, especies locais / especies doutros países europeos), Lingüìsticas (dado que no noso centro impartese o castelán, galego, inglés, francés, alemán e portugués), en Proxecto Competencial ( onde foi o proxecto elexido no terceiro trimestre para completar a formación do alumnado e a súa sensibilización)

Para a posta en marcha o profesorado das diferentes materias colaborou activamente no desenrolo da actividade.

O alumnado tiña roles asignados: limpeza de especies invasoras, encargados de facer os regos para plantar as leitugas que foi o noso máis logrado producto, coidado e limpeza de ferramentas, control do compost,etc etc

Mantemento do bancal, arrededores. Planificación do seu coidado no periodo vacacional



Conclusión

A experiencia foi altamente positiva. Foi un descubrimento diario, ver crecer, coidar todo o labor realizado encheu o grupo de traballo de moito pulo. Tamén atopamos polo camiño algún “susto” que foi de feito un aprendizaxe: cando regar, como influiron días de extremo calor nos periodos de rego, como aceptar que algúns productos prantados non foron para adiante o que creaba certa decepción no momento. Pero afortunadamente tivemos sempre plantóns de máis para reemplazar e sempre seguir adiante co proxecto común e un compromiso francamente destacable de boa parte da Comunidade Educativa.





Podedes ler o artigo tamén neste enlace:


https://docs.google.com/document/d/1KT18aImTniZstUpL3yENAY9bARW2WXPe/edit?usp=sharing&ouid=104765281816481021754&rtpof=true&sd=true 

mércores, 14 de outubro de 2026

ERASMUS Days na prensa

 

https://drive.google.com/file/d/1P2BfsErjAX9B0GOaO04-jUkG-dbJxevt/view?usp=drive_link


La Voz de Galicia, 14/10/2026
La Voz de Galicia, 14/10/2026

ERASMUS Days - 13 & 14 outubro de 2026: Resumo das actividades

 Celebración dos ERASMUS Days - 13 & 14 outubro 2026 - no IES As Lagoas de Ourense:

Vídeo resumo do dous días intensos de actividade de promoción do programa ERASMUS + no centro.



ERASMUS Days - Día 2 (14 outubro 2026)

Celebración dos ERASMUS Days - Día 2 no IES As Lagoas de Ourense.

Concerto a cargo da profesora de música Raquel Pato como colofón final desta celebración no noso centro. O noso máis sincero agradecemento a todo o alumnado que participou e colaborou no concerto. Grazas polo voso talento, polas horas de ensaio e pola ilusión que puxestes en cada nota. Ver a vosa implicación e traballo en equipo lémbranos o afortunados que somos de contar cun alumnado tan creativo e comprometido, especialmente o alumnado de BACH de ARTES. Deixastes o listón altísimo!


Alumnado participante:
2ºE ESO- Martina Rodríguez Rodríguez 3ºD ESO- Raquel Aydillo Pato Anna Merzlyakova Kostomarova Clara Montero Blanco 4ºA ESO- Ivanna Gil Gollino 1ºF Bach- Elisa Borrajo González David Garrido Ribeiro Xián Rodríguez Rodríguez Luís David Rodríguez Zabala Hugo Vázquez Fernández 2ºF Bach- Álvaro Gamallo González Lenier Lorenzo Cancio Adriana Santiago Funer

ERASMUS Days - Día 1 (13 outubro 2026)

Celebración dos ERASMUS Days - Día 1 no IES As Lagoas de Ourense.


Tivemos varias actividades para difundir o programa ERASMUS +:

- Mesas informativas: O alumnado que xa participou informou sobre ás súas experiencias ao alumnado interesado en participar.

- O Rosco EUROPALABRA - concurso sobre a temática da UE con premios para os acertantes

- O muro interactivo, respondendo á pregunta: Que é Europa para ti? Un collage de post-its coloridos.

- Varios elementos decorativo para dar cor á entrada do centro, un puff chill, un mostrador animando a facer Erasmus, banderas, un photocall, etc.

Tamén houbo unha gymkana co alumnado de 2º ESO na bilbioteca, con preguntas de igualdade, inclusión, aprendizaxe de linguas e cultura.




Fotos da gymkana co alumnado de 2º ESO a cargo da súa profesora Diana Babarro:







 

domingo, 4 de outubro de 2026

ERASMUS DAYS

Os días 13 e 14 de outubro levaranse a cabo diversas actividades para conmemorar os Erasmus Days.

Durante estas xornadas, alumnado que participou en mobilidades Erasmus nos cursos anteriores estará dispoñible para compartir as súas experiencias e achegar ao resto da comunidade educativa o que supuxeron estas vivencias. Ademais, habilitarase un photocall acompañado dunha actividade titulada «Que significan para ti os valores europeos?», na que se convidará á participación de toda a comunidade educativa.

As actividades completaranse cun breve concerto o día 14 de outubro, un xogo de preguntas e respostas aberto á participación de toda a comunidade educativa e unha gymkana na biblioteca, na que participarán algúns grupos de 2º ESO.

 

Xornadas iniciais de proxectos de mobilidade Erasmus+ KA121

A nosa coordinadora Elisa Álvarez Fernández participou Xornadas iniciais de proxectos de mobilidade Erasmus+ KA121 en Educación Escolar e Educación de Persoas Adultas - Convocatoria Erasmus+ 2026 en Albacete os días 22-23 de setembro. Unha boa ocasión para refrescar nocións relativas ao programa Erasmus+, aprender cousas novas, (re-)encontrarse con compañeiros/as e intercambiar ideas e experiencias.


​Coma sempre, un evento enriquecedor. Volvemos con novas ideas para incorporar ao noso proxecto e ao noso centro.



Recepción alumnado alemán do Keplergymnasium de Freudenstadt

Entre os días 14 e 21 de xuño viñeron os alemás a Ourense. Foi a derradeira semana de clase polo que non houbo moitas clases,máis ben tocou compaxinar exames finais coas actividades plantexadas no programa. Achegamos o programa e algunhss fotos.

Mobilidade de Grupo a Berlín - Otto-Nagel-Gymnasium


Dúas profesoras Elisa Álvarez e Diana Babarro acompañaron a 6 alumanas de 1º BACH da materia de alemán a unha mobilidade de grupo ao Otto-Nael-Gymnasium, centro co que establecimos contacto o curso anterior. A continuación os diarios das nenas:

Día 1

Hoxe, día 25 de abril do 2026, fixemos unha chea de cousas.

Saímos ás 8:30 do albergue, e fomos a dar un paseo ao lado Este do Muro de Berlín. Vimos as fermosas obras que alí se atopaban, e despois atravesamos o Oberbaum-Brücke para dirixirnos á parte de Berlín do outro lado do río.
Vimos o Checkpoint Charlie, e a continuación visitamos un museo acerca do muro de Berlín e a súa historia, do cal aprendimos moito.
Pasamos polo lado do semáforo máis antigo de Alemaña, e despois cruzamos a Potsdamer Platz en busca dun lugar para comer.
Trala comida fomos a varias tendas de souvenirs, e aproveitamos para entrar no Mall of Berlin.
Máis adiante dirixímonos a un impresionante monumento, no cal se rememoraban ás víctimas do holocausto.
Despois vimos a porta de Brandemburgo coas súas embaixadas, e contemplamos as Catedrais Xemelgas. Posteriormente fomos á Bebelplatz e ó Museo da Biblioteca Nacional. Collimos un U-Bahn para regresar ao hostel, e despois fomos a cenar.
Moi bo día, camiñamos moito.

© Valentina, Sofía y Mariana



Día 2

Hoxe espertámonos cedo pola mañá para seguir vendo a cidade. Primeiro fomos almorzar á praza de Alexanderplatz. Despois vimos a torre de TV e marchamos ao concello (Rotes Rathaus), a continuación fomos ó barrio máis antigo de Berlín, o Nikolaiviertel. Neste barrio vimos a igrexa Nikolaikirche que foi destruída nun bombardeo e posteriormente foi queimada. Ó rematar a visita deste lugar fomos ao palacio reconstruido, o Humboldt Forum, á súa terraza, a ver dende alí a catedral, a illa dos museos, e parte do palacio. Aproveitamos e vimos o mercado que estaba preto do río. Na illa dos museos entramos no Neues Museum, famoso por albergar o icónico busto de Nefertiti, reliquias do antigo Exipto (momias, papiros) y coleccións da Prehistoria e Historia Antiga. Logo vistamos os Hackesche Höfe, un edificio con varios patios, onde se atopa un centro de información dedicado a Anna Frank. Ás 17:00 fomos ó Parlamento Alemán e subimos a cúpula para gozar das vistas. Para rematar o día visitamos á igrexa Gedächtniskirche destruída durante a Segunda Guerra Mundial. E tocou volver ao albergue cedo que mañá toca madrugar.

©Olalla, Estela e Nerea


Día 3
Na xornada de hoxe, as alumnas de Alemán visitamos o Otto-Nagel-Gymnasium, e participamos nas clases de Español dos estudantes de 10 a 11 anos e os de 4° da ESO. Tamén asistiron a unha clase de inglés de último curso
Despois da hora da comida, visitamos a Igrexa Memorial Kaiser Wilhelm, e a Neue Kirche que encontrábase cerca.
Fixemos unha parada na Catedral de Berlín, o Berliner Dom, e finalizamos o día na Alexanderplatz.

©Mariana, Sofía e Valentína




Día 4
O noso último día en Berlín comezou no instituto Otto-Nagel onde na primeira clase, que foi lingua española, nos deron a benvida cun almorzo e un xogo. Logo seguimos cas nosas presentacións sobre a linguaxe xuvenil e outra sobre a lingua galega. Tamén asistimos ás clases de economía, arte e política. Despois do instituto fomos a ver a única sinagoga que quedou en pé e visible despois de guerra e a comer ó barrio dos patios. Aproveitamos que estábamos preto e visitamos un dos museos da Museumsinsel, a Alte Nationalgallerie, e para rematar volvimos ó hotel a preparar as cousas xa que mañá toca madrugar.

© Olalla, Nerea e Estela