sábado, 23 de marzo de 2024

Venres, 22: Último día

Remata a nosa viaxe. Neste último día asistimos ás 5 derradeiras clases ata as 12h. As 13h partimos para Estrasburgo onde tivemos 3 horas para coñecer un pouco a cidade. Paseamos pola Petite France, polas rúas do casco vello, e visitamos a catedral co seu reloxo astronómico.

Queda embarcar rumo a casa.






Xoves, 21: Excursión a Stuttgart



O día de hoxe empezamos cunha excursión coa primeira parada no museo Mercedes-Benz en Stuttgart para logo ver o casco vello e facer un pouco de turismo nesta cidade.

Rematamos o día facendo unha visita ao parque de bombeiros e ceando nunha bolera en Dornstetten.








jueves, 21 de marzo de 2024

Mércores, 20: Asistencia ás clases

Hoxe pasamos o día no instituto, indagando nas instalación e as formas de organización. Vimos como estaba decorado o instituto con ideas moi orixinais, e como reciclaban.
Finalmente rematamos o proxecto conxunto cos alemáns pintando os nosos perfiles nunhas bolsas, e firmamos no reverso.
Xantamos pizzas no instituto e deixaron a tarde libre.

©Sabela Fernández
©Nerea Nóvoa
©Valentina Lorenzo

#sepie_gob
#iesaslagoas
#keplergymnasiumfds
#freudenstadt 
#erasmusplus 
@sepie_gob
https://www.instagram.com/p/C4wHgl5NNET/?igsh=cXRyb3Rxc3p0ZzNn

Martes, 19: Asistencia ás clases, recepción concello, gimkana, Panoramabad

Hoxe fomos á clase de plástica ás 7:30h, pasamos as dúas primeiras horas onde deseñamos unha bolsa de tea coa nosa silueta, foi un proceso moi interesante e que continuaremos ao día seguinte.
Despois fomos ao Rathaus onde unha representante do concello nos falou da historia de Freudenstadt e da súa cultura.
Para xantar probamos comidas e bebidas típicas da zona.
Para rematar o día fomos ao Panoramabad, un parque acuático preto do instituto onde nos relaxamos e o pasamos moi ben cos nosos amigos alemáns.

#iesaslagoas
#keplergymnasiumfds 
#sepie_gob 
#erasmusplus 
#freudenstadt 
@sepie_gob

©David Vázquez 
©Marco Varela
©Pablo Murias
©Mauro Gómez
https://www.instagram.com/p/C4tj1Jyt68p/?igsh=YmpkcWYweGlsM3d1

Difusión

Ver esta publicación en Instagram Una publicación compartida de Concello de Ourense (@concelloourense)   LINK