MOBILIDADES - ACREDITACIÓN ERASMUS + 2026/27
CONVOCATORIA DE MOBILIDADE DE GRUPO
Datos da mobilidade - MOBILIDADE DE GRUPO
CENTRO ALEMÁN: Keplergymnasium (Freudenstadt / Alemaña)
LINGUA: ALEMÁN
ALUMNADO: 3º e 4º ESO
MOBILIDADE DE GRUPO: 5-7 días
PRAZAS DISPOÑIBLES: aprox. 15 estudantes
DATA DA MOBILIDADE: semana do 5 de abril 2027
TEMÁTICA: Cultura e folklore tradicional
Buscamos 15 alumnos/as interesados/as en levar a cabo unha MOBILIDADE DE GRUPO cun instituto en Freudenstadt (Alemaña), o Kepler-Gymansium, empregando como lingua vehicular o ALEMÁN. Esta mobilidade está enfocada ao alumnado que curse alemán en 3º e 4º ESO. Esta actividade ten como obxectivo asistir a clases ordinarias no instituto alemán, realizar presentacións en lingua alemá, traballos en grupo etc. Participaremos nalgunhas actividades propostas pola escola alemá, así como traballo en grupos internacionais. Como parte do compromiso, solicitarase unha fianza aos participantes.
Os/as alumnos/as interesados/as deben descargar o formulario anexo, cubrilo e entregalo enviándoo ao correo electrónico: erasmuslagoas@gmail.com.
Data límite: mércores, 11 de novembro de 2026, ás 23:59h.
Despois convocaremos ao alumnado interesado para unha entrevista persoal e aplicaremos o baremo adxunto.
IMPORTANTE: O formulario debe ser descargado e gardado en formato PDF para envialo nese formato.
FORMULARIO -premer en Arquivo e descargar !!!
