ACREDITACIÓN ERASMUS+ / IES AS LAGOAS
xoves, 27 de agosto de 2026
Jobshadowing no Liceo Francesco Ribezzo (Francavilla Fontana) Mónica Rodríguez Palomanes / Profesora de Bioloxía no IES As Lagoas
martes, 3 de marzo de 2026
MOBILIDADE DE GRUPO / Berlín 2026: horario entrevistas
MOBILIDADE DE GRUPO /
Berlín 2026
Horario entrevistas
XOVES, 5 de marzo 2026
Listaxe admitidos
****0160* 13.10h
****7147* 13.20h
****2262* 13.30h
****8305* 13.40h
****5044* 13.50h
****5139* 14h
O alumnado seleccionado
deberá presentarse obrigatoriamente a entrevista, e deberá entregar unha copia
do DNI / NIE /pasaporte ese mesmo día.
O equipo ERASMUS+
venres, 27 de febreiro de 2026
MOBILIDADE DE GRUPO / Berlín 2026: LIstaxe admitidos
MOBILIDADE DE GRUPO / Berlín 2026
Listaxe admitidos
A listaxe atópase no corcho do Erasmus+ na entrada principal do centro.
O alumnado seleccionado deberá presentarse a unha entrevista. Nos vindeiros días avisaremos do día e ho
O equipo ERASMUS+
xoves, 12 de febreiro de 2026
CONVOCATORIA DE MOBILIDADE DE GRUPO: Berlín
MOBILIDADES - ACREDITACIÓN ERASMUS + 2025/ 2026
CONVOCATORIA DE MOBILIDADE DE GRUPO
Buscamos máximo 6 alumnos/as interesados/as en levar a cabo
unha MOBILIDADE DE GRUPO (uns 5 días) cun instituto en Berlín (Alemaña),
o Otto-Nagel-Gymnasium, empregando como lingua vehicular o ALEMÁN. Esta
mobilidade está enfocada ao alumnado que curse alemán en 1º de Bacharelato.
Esta actividade ten como obxectivo asistir a clases ordinarias, facer algunha
presentación en lingua alemán ese centro e intervir activamente nas clases.
Participaremos nalgunhas actividades propostas pola escola
alemá, así como traballo en grupos internacionais.
Como parte do compromiso, solicitarase unha fianza aos
participantes de 250€.
Datos da mobilidade
MOBILIDADE DE GRUPO
LINGUA: ALEMÁN
ALUMNADO: 1º BAC
MOBILIDADE DE GRUPO: 5 días / finais abril 2026
PRAZAS DISPOÑIBLES: máx. 6 estudantes
CENTRO ALEMÁN: Otto-Nagel-Gymnasium (Berlín / Alemaña)
DATA DA MOBILIDADE: finais de abril 2026
Os/as alumnos/as interesados/as deben descargar o formulario
anexo, cubrilo e entregalo enviándoo ao correo electrónico: erasmuslagoas@gmail.com.
Data límite: luns, 23 de febreiro de 2026, ás 23:59h.
Despois convocaremos ao alumnado interesado para unha
entrevista persoal e
aplicaremos o baremo adxunto.
mércores, 11 de febreiro de 2026
Mobilidade de grupo de Italia (Francavilla Fontana)
Un grupo de 19 mozos e mozas acompañados de 3 profesores do Liceo Scientifico Ribezzo de Francavilla Fontana visitáronos entre o 1 e 9 de febreiro de 2026. Unha semana chea de choiva polo que non tiveron moita sorte de desfrutar das excursións.
Sen embargo, participaron nas clases, nos obradoiros propostos (chapas, fotografía e poesía), nas excurtsións a Santiago e a Celanova / Bande, e o tempo cos seus compañeiros e disfrutron do tempo de lecer con actividades varias (termas, saír de festa, etc.)
Nun mes imos nós alí.
Visita Jobshadowing de Sandra Mende - profesora alemán do Otto-Nagel-Gymnasium de Berlín
A semana do 19 ao 26 de xaneiro visitounos a profesora Sandra Mende do instituto Otto-Nagel-Gymnasium de Berlín nunha estancia de jobshadowing. Asistiu a clases de alemán, historia, lingua castelá e filosofía, ademais completaron o programa unhas visitas culturais polas tardes e a fin de semana. Tamén participou na xornada de Filoloxía con-ciencia na Facultade de Filoloxía da USC cun grupo de aluydo noso centro. Continuaremos a colaborar con este centro tamén con mobilidades de alumnado.
Visita Jobshadowing profesores italianos de Francavilla Fontana
Do 23 ao 28 de novembro de 2025 Alberto Cioni, Grazia Lacorte, Elena D' Amico e Damiano
Mascia, 4 compañeiros italianos da nosa escola socia en Francavilla Fontana estiveron
unha semana de jobshadowing no noso centro.
Tiveron un programa completo e contamos coa colabrocaión con este centro nos
vindeiros anos.
Jobshadowing no Liceo Francesco Ribezzo (Francavilla Fontana) Mónica Rodríguez Palomanes / Profesora de Bioloxía no IES As Lagoas
A nosa compañeira de bioloxía Mónica Rguez. Palomanes aproveitou uns días de jobshadowing no Liceo Científico F. Ribezzo de Francavila Fonta...
-
MOBILIDADES ACREDITACIÓN ERASMUS + 2025/2026 Buscamos estudantes que cursen 1º de Bacharelato interesados/as en levar a cabo unha MO...
-
CONVOCATORIA DE MOBILIDADE DE GRUPO: ALEMAÑA MOBILIDADES - ACREDITACIÓN ERASMUS + 2025/26 CONVOCATORIA DE MOBILIDADE DE GRUPO Busca...
-
MOBILIDADES ACREDITACIÓN ERASMUS + 2025/2026 REAPERTURA PLAZO PARA ITALIA Buscamos estudantes que cursen 4º ESO interesados/as en...










