mércores, 4 de novembro de 2026

CONVOCATORIA MOBILIDADE INDIVIDUAL DE CURTA DURACIÓN - Noisy-le-Grand (Francia)

MOBILIDADES – ACREDITACIÓN ERASMUS+ 2026/27 E 2027/28

CONVOCATORIA DE MOBILIDADE INDIVIDUAL DE CURTA DURACIÓN



Datos da mobilidade

  • Centro francés: Lycée Évariste Galois (Noisy-le-Grand, Francia).
  • Lingua vehicular: francés.
  • Alumnado destinatario: 4.º de ESO / 1.º de Bacharelato.
  • Duración: 2 semanas.
  • Prazas dispoñibles: 1 - 2
  • Datas da mobilidade: acollida dunha alumna francesa neste curso (xuño de 2027) e mobilidade a Francia en setembro de 2027 (a acollida será na casa da persoa participante e esta deberá comprometerse a ofrecer aloxamento á estudante francesa)

Buscamos un/unha estudante interesado/a en participar nunha mobilidade individual de curta duración (2 semanas) co instituto francés Lycée Évariste Galois (Noisy-le-Grand, Francia), empregando o francés como lingua vehicular.

Esta mobilidade está dirixida ao alumnado que curse francés en 4.º de ESO ou 1.º de Bacharelato, preferentemente a aquel que teña intención de continuar estudando esta materia como segunda lingua estranxeira no vindeiro curso.

A actividade ten como obxectivo acoller unha alumna francesa no noso centro durante o presente curso, no mes de xuño de 2027, e realizar posteriormente a mobilidade a Francia ao comezo do curso 2027/28, en setembro de 2027.

Durante a estadía en Francia, o/a estudante asistirá ás clases ordinarias do centro de acollida.

Como parte do compromiso de participación, solicitarase unha fianza ás persoas seleccionadas.

Presentación de solicitudes

O alumnado interesado deberá descargar o formulario adxunto, cubrilo e envialo ao seguinte enderezo electrónico: erasmuslagoas@gmail.com

Data límite de presentación: mércores, 11 de novembro de 2026, ás 23:59 h.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, convocarase o alumnado interesado para realizar unha entrevista persoal e aplicarase o baremo de selección que se achega como documento adxunto.

 

FORMULARIO - premer en Arquivo e descargar !!! 

BAREMO