Dúas profesoras Elisa Álvarez e Diana Babarro acompañaron a 6 alumanas de 1º BACH da materia de alemán a unha mobilidade de grupo ao Otto-Nael-Gymnasium, centro co que establecimos contacto o curso anterior. A continuación os diarios das nenas:

Día 1
Hoxe, día 25 de abril do 2026, fixemos unha chea de cousas.
Saímos ás 8:30 do albergue, e fomos a dar un paseo ao lado Este do Muro de Berlín. Vimos as fermosas obras que alí se atopaban, e despois atravesamos o Oberbaum-Brücke para dirixirnos á parte de Berlín do outro lado do río.
Vimos o Checkpoint Charlie, e a continuación visitamos un museo acerca do muro de Berlín e a súa historia, do cal aprendimos moito.
Pasamos polo lado do semáforo máis antigo de Alemaña, e despois cruzamos a Potsdamer Platz en busca dun lugar para comer.
Trala comida fomos a varias tendas de souvenirs, e aproveitamos para entrar no Mall of Berlin.
Máis adiante dirixímonos a un impresionante monumento, no cal se rememoraban ás víctimas do holocausto.
Despois vimos a porta de Brandemburgo coas súas embaixadas, e contemplamos as Catedrais Xemelgas. Posteriormente fomos á Bebelplatz e ó Museo da Biblioteca Nacional. Collimos un U-Bahn para regresar ao hostel, e despois fomos a cenar.
Moi bo día, camiñamos moito.
© Valentina, Sofía y Mariana

Día 2
Hoxe espertámonos cedo pola mañá para seguir vendo a cidade. Primeiro fomos almorzar á praza de Alexanderplatz. Despois vimos a torre de TV e marchamos ao concello (Rotes Rathaus), a continuación fomos ó barrio máis antigo de Berlín, o Nikolaiviertel. Neste barrio vimos a igrexa Nikolaikirche que foi destruída nun bombardeo e posteriormente foi queimada. Ó rematar a visita deste lugar fomos ao palacio reconstruido, o Humboldt Forum, á súa terraza, a ver dende alí a catedral, a illa dos museos, e parte do palacio. Aproveitamos e vimos o mercado que estaba preto do río. Na illa dos museos entramos no Neues Museum, famoso por albergar o icónico busto de Nefertiti, reliquias do antigo Exipto (momias, papiros) y coleccións da Prehistoria e Historia Antiga. Logo vistamos os Hackesche Höfe, un edificio con varios patios, onde se atopa un centro de información dedicado a Anna Frank. Ás 17:00 fomos ó Parlamento Alemán e subimos a cúpula para gozar das vistas. Para rematar o día visitamos á igrexa Gedächtniskirche destruída durante a Segunda Guerra Mundial. E tocou volver ao albergue cedo que mañá toca madrugar.
©Olalla, Estela e Nerea

Día 3
Na xornada de hoxe, as alumnas de Alemán visitamos o Otto-Nagel-Gymnasium, e participamos nas clases de Español dos estudantes de 10 a 11 anos e os de 4° da ESO. Tamén asistiron a unha clase de inglés de último curso
Despois da hora da comida, visitamos a Igrexa Memorial Kaiser Wilhelm, e a Neue Kirche que encontrábase cerca.
Fixemos unha parada na Catedral de Berlín, o Berliner Dom, e finalizamos o día na Alexanderplatz.
©Mariana, Sofía e Valentína
Día 4
O noso último día en Berlín comezou no instituto Otto-Nagel onde na primeira clase, que foi lingua española, nos deron a benvida cun almorzo e un xogo. Logo seguimos cas nosas presentacións sobre a linguaxe xuvenil e outra sobre a lingua galega. Tamén asistimos ás clases de economía, arte e política. Despois do instituto fomos a ver a única sinagoga que quedou en pé e visible despois de guerra e a comer ó barrio dos patios. Aproveitamos que estábamos preto e visitamos un dos museos da Museumsinsel, a Alte Nationalgallerie, e para rematar volvimos ó hotel a preparar as cousas xa que mañá toca madrugar.
© Olalla, Nerea e Estela