mércores, 14 de outubro de 2026

ERASMUS Days na prensa

 

https://drive.google.com/file/d/1P2BfsErjAX9B0GOaO04-jUkG-dbJxevt/view?usp=drive_link


La Voz de Galicia, 14/10/2026
La Voz de Galicia, 14/10/2026

ERASMUS Days - 13 & 14 outubro de 2026: Resumo das actividades

 Celebración dos ERASMUS Days - 13 & 14 outubro 2026 - no IES As Lagoas de Ourense:

Vídeo resumo do dous días intensos de actividade de promoción do programa ERASMUS + no centro.



ERASMUS Days - Día 2 (14 outubro 2026)

Celebración dos ERASMUS Days - Día 2 no IES As Lagoas de Ourense.

Concerto a cargo da profesora de música Raquel Pato como colofón final desta celebración no noso centro. O noso máis sincero agradecemento a todo o alumnado que participou e colaborou no concerto. Grazas polo voso talento, polas horas de ensaio e pola ilusión que puxestes en cada nota. Ver a vosa implicación e traballo en equipo lémbranos o afortunados que somos de contar cun alumnado tan creativo e comprometido, especialmente o alumnado de BACH de ARTES. Deixastes o listón altísimo!


Alumnado participante:
2ºE ESO- Martina Rodríguez Rodríguez 3ºD ESO- Raquel Aydillo Pato Anna Merzlyakova Kostomarova Clara Montero Blanco 4ºA ESO- Ivanna Gil Gollino 1ºF Bach- Elisa Borrajo González David Garrido Ribeiro Xián Rodríguez Rodríguez Luís David Rodríguez Zabala Hugo Vázquez Fernández 2ºF Bach- Álvaro Gamallo González Lenier Lorenzo Cancio Adriana Santiago Funer

ERASMUS Days - Día 1 (13 outubro 2026)

Celebración dos ERASMUS Days - Día 1 no IES As Lagoas de Ourense.


Tivemos varias actividades para difundir o programa ERASMUS +:

- Mesas informativas: O alumnado que xa participou informou sobre ás súas experiencias ao alumnado interesado en participar.

- O Rosco EUROPALABRA - concurso sobre a temática da UE con premios para os acertantes

- O muro interactivo, respondendo á pregunta: Que é Europa para ti? Un collage de post-its coloridos.

- Varios elementos decorativo para dar cor á entrada do centro, un puff chill, un mostrador animando a facer Erasmus, banderas, un photocall, etc.

Tamén houbo unha gymkana co alumnado de 2º ESO na bilbioteca, con preguntas de igualdade, inclusión, aprendizaxe de linguas e cultura.




Fotos da gymkana co alumnado de 2º ESO a cargo da súa profesora Diana Babarro:







 

domingo, 4 de outubro de 2026

ERASMUS DAYS

Os días 13 e 14 de outubro levaranse a cabo diversas actividades para conmemorar os Erasmus Days.

Durante estas xornadas, alumnado que participou en mobilidades Erasmus nos cursos anteriores estará dispoñible para compartir as súas experiencias e achegar ao resto da comunidade educativa o que supuxeron estas vivencias. Ademais, habilitarase un photocall acompañado dunha actividade titulada «Que significan para ti os valores europeos?», na que se convidará á participación de toda a comunidade educativa.

As actividades completaranse cun breve concerto o día 14 de outubro, un xogo de preguntas e respostas aberto á participación de toda a comunidade educativa e unha gymkana na biblioteca, na que participarán algúns grupos de 2º ESO.

 

Xornadas iniciais de proxectos de mobilidade Erasmus+ KA121

A nosa coordinadora Elisa Álvarez Fernández participou Xornadas iniciais de proxectos de mobilidade Erasmus+ KA121 en Educación Escolar e Educación de Persoas Adultas - Convocatoria Erasmus+ 2026 en Albacete os días 22-23 de setembro. Unha boa ocasión para refrescar nocións relativas ao programa Erasmus+, aprender cousas novas, (re-)encontrarse con compañeiros/as e intercambiar ideas e experiencias.


​Coma sempre, un evento enriquecedor. Volvemos con novas ideas para incorporar ao noso proxecto e ao noso centro.



Recepción alumnado alemán do Keplergymnasium de Freudenstadt

Entre os días 14 e 21 de xuño viñeron os alemás a Ourense. Foi a derradeira semana de clase polo que non houbo moitas clases,máis ben tocou compaxinar exames finais coas actividades plantexadas no programa. Achegamos o programa e algunhss fotos.

Mobilidade de Grupo a Berlín - Otto-Nagel-Gymnasium


Dúas profesoras Elisa Álvarez e Diana Babarro acompañaron a 6 alumanas de 1º BACH da materia de alemán a unha mobilidade de grupo ao Otto-Nael-Gymnasium, centro co que establecimos contacto o curso anterior. A continuación os diarios das nenas:

Día 1

Hoxe, día 25 de abril do 2026, fixemos unha chea de cousas.

Saímos ás 8:30 do albergue, e fomos a dar un paseo ao lado Este do Muro de Berlín. Vimos as fermosas obras que alí se atopaban, e despois atravesamos o Oberbaum-Brücke para dirixirnos á parte de Berlín do outro lado do río.
Vimos o Checkpoint Charlie, e a continuación visitamos un museo acerca do muro de Berlín e a súa historia, do cal aprendimos moito.
Pasamos polo lado do semáforo máis antigo de Alemaña, e despois cruzamos a Potsdamer Platz en busca dun lugar para comer.
Trala comida fomos a varias tendas de souvenirs, e aproveitamos para entrar no Mall of Berlin.
Máis adiante dirixímonos a un impresionante monumento, no cal se rememoraban ás víctimas do holocausto.
Despois vimos a porta de Brandemburgo coas súas embaixadas, e contemplamos as Catedrais Xemelgas. Posteriormente fomos á Bebelplatz e ó Museo da Biblioteca Nacional. Collimos un U-Bahn para regresar ao hostel, e despois fomos a cenar.
Moi bo día, camiñamos moito.

© Valentina, Sofía y Mariana



Día 2

Hoxe espertámonos cedo pola mañá para seguir vendo a cidade. Primeiro fomos almorzar á praza de Alexanderplatz. Despois vimos a torre de TV e marchamos ao concello (Rotes Rathaus), a continuación fomos ó barrio máis antigo de Berlín, o Nikolaiviertel. Neste barrio vimos a igrexa Nikolaikirche que foi destruída nun bombardeo e posteriormente foi queimada. Ó rematar a visita deste lugar fomos ao palacio reconstruido, o Humboldt Forum, á súa terraza, a ver dende alí a catedral, a illa dos museos, e parte do palacio. Aproveitamos e vimos o mercado que estaba preto do río. Na illa dos museos entramos no Neues Museum, famoso por albergar o icónico busto de Nefertiti, reliquias do antigo Exipto (momias, papiros) y coleccións da Prehistoria e Historia Antiga. Logo vistamos os Hackesche Höfe, un edificio con varios patios, onde se atopa un centro de información dedicado a Anna Frank. Ás 17:00 fomos ó Parlamento Alemán e subimos a cúpula para gozar das vistas. Para rematar o día visitamos á igrexa Gedächtniskirche destruída durante a Segunda Guerra Mundial. E tocou volver ao albergue cedo que mañá toca madrugar.

©Olalla, Estela e Nerea


Día 3
Na xornada de hoxe, as alumnas de Alemán visitamos o Otto-Nagel-Gymnasium, e participamos nas clases de Español dos estudantes de 10 a 11 anos e os de 4° da ESO. Tamén asistiron a unha clase de inglés de último curso
Despois da hora da comida, visitamos a Igrexa Memorial Kaiser Wilhelm, e a Neue Kirche que encontrábase cerca.
Fixemos unha parada na Catedral de Berlín, o Berliner Dom, e finalizamos o día na Alexanderplatz.

©Mariana, Sofía e Valentína




Día 4
O noso último día en Berlín comezou no instituto Otto-Nagel onde na primeira clase, que foi lingua española, nos deron a benvida cun almorzo e un xogo. Logo seguimos cas nosas presentacións sobre a linguaxe xuvenil e outra sobre a lingua galega. Tamén asistimos ás clases de economía, arte e política. Despois do instituto fomos a ver a única sinagoga que quedou en pé e visible despois de guerra e a comer ó barrio dos patios. Aproveitamos que estábamos preto e visitamos un dos museos da Museumsinsel, a Alte Nationalgallerie, e para rematar volvimos ó hotel a preparar as cousas xa que mañá toca madrugar.

© Olalla, Nerea e Estela







Visita da experta: Sandra Pérez Ramos

A partir do martes 21 de abril, contamos con Sandra Pérez-Ramos, experta en temas de tradución e da muller na literatura e na historia. Esta visita forma parte do noso proxecto Erasmus+.


Tedes 2 citas que poden ser do voso interese se va interesa a carreira de tradución. O mércores e o venres durante o recreo estará na biblioteca para atender as vosas dúbidas.