mércores, 15 de outubro de 2025

CURSO 2025-26: MOBILIDADE GRUPO Freudenstadt (Alemaña)

 CONVOCATORIA DE MOBILIDADE DE GRUPO: ALEMAÑA


MOBILIDADES - ACREDITACIÓN ERASMUS + 2025/26

CONVOCATORIA DE MOBILIDADE DE GRUPO

Buscamos alumnos/as interesados/as en levar a cabo unha MOBILIDADE DE GRUPO (7 días) cun instituto en Freudenstadt (Alemaña), o Keplergymnasium, empregando como lingua vehícular o ALEMÁN.

Esta mobilidade está enfocada ao alumnado que curse alemán en 3º e 4º ESO. Trátase dunha actividade que ten como obxecto asistir ás clases ordinarias, facer algunha presentación ou exposición, traballar en proxectos propostos de acorde cos nosos obxectivos  ERASMUS+, e facer unhas memorias da acitvidade en formatos diferentes (Podcasts, artigos, presentacións etc.) en lingua alemá.

Participaremos nalgunhas actividades propostas pola escola alemá, así como traballos en grupos internacionais. 

Como parte do compromiso, solicitarase unha fianza aos participantes.

 

Datos da mobilidade:

MOBILIDADE DE GRUPO

LINGUA:                                ALEMÁN

ALUMNADO:                         3º e 4º ESO

MOBILIDADE DE GRUPO: 1 semana

CENTRO ALEMÁN:             Keplergymnasium (Alemaña)

DATA DA MOBILIDADE: Semana previa á Semana Santa /Semana da 2º avaliación

DATA DA RECEPCIÓN DOS ALUMNOS ALEMÁS: Semana previa ao Entroido (Febreiro 2026)

Aloxamento: Nas familias de acollida

 

Os/as alumnos/as interesados/as deben descargar o formulario anexo, cubrilo e entregalo  en formato PDF enviándoo ao correo electrónico: erasmuslagoas@gmail.com.

 

Data límite: luns, 20 de outubro de 2025, ás 23:59h.

O que non entra en prazo quedará excluído!!!

Despois convocaremos ao alumnado interesado para unha entrevista persoal e

aplicaremos o baremo adxunto.

IMPORTANTE: O formulario debe ser descargado e gardado en formato PDF para envialo nese formato.


FORMULARIO

MOBILIDADE DE GRUPO - Francavila Fontana (Italia)

MOBILIDADES ACREDITACIÓN ERASMUS +  2025/2026      Buscamos estudantes que cursen 1º de Bacharelato interesados/as en levar a cabo unha MO...