luns, 20 de outubro de 2025

MOBILIDADE DE GRUPO - Francavila Fontana (Italia)


MOBILIDADES ACREDITACIÓN ERASMUS +  2025/2026    

Buscamos estudantes que cursen 1º de Bacharelato interesados/as en levar a cabo unha MOBILIDADE DE GRUPO (1 semana) cun instituto italiano en Francavilla-Fontana (Puglia) empregando como lingua vehicular o INGLÉS.

O aloxamento será en familias polo que os participantes teñen que estar dispostos a acoller a unha persoa na súa casa (agás que non sexa posible).

Trátase dunha actividade que ten como obxecto asistir ás clases ordinarias, facer algunha presentación ou exposición, traballar nos proxectos propostos de acordo cos obxectivos Erasmus +, e participar no proxecto eTwinning así como facer unha memoria das actividades en diferentes formatos (Podcasts, artigos, presentacións, etc.)

Como parte do compromiso, os estudantes participantes deberán participar activamente nas actividades propostas (non só durante a estadía) e realizar as tarefas asignadas. Solicitarase unha fianza.

 Datos da mobilidade:

TIPO: MOBILIDADE DE GRUPO

LINGUA: INGLÉS

ALUMNADO: 1º BAC

MOBILIDADE  DE CURTA DURACIÓN: 1 semana

PRAZAS DISPOÑIBLES: 15 estudantes

CENTRO ITALIANO: Francesco Ribezzo (Francavilla-Fontana, Puglia)

DATA DA MOBILIDADE A ITALIA: Por confirmar

DATA DA MOBILIDADE EN ESPAÑA: Finais xaneiro/principios febreiro (Por confirmar)

ALOXAMENTO: Familias

 

Os/as alumnos/as interesados/as deben descargar o formulario anexo, cubrilo, escanealo e entregalo enviándoo ao seguinte correo electrónico: erasmuslagoas@gmail.com

DATA LÍMITE DE ENTREGA: mércores, 29 de outubro de 2025, ás 23:59.

Despois, convocarase ao alumando interesado para unha entrevista persoal e aplicaremos o baremo adxunto.


FORMULARIO

MOBILIDADE DE GRUPO - Francavila Fontana (Italia)

MOBILIDADES ACREDITACIÓN ERASMUS +  2025/2026      Buscamos estudantes que cursen 1º de Bacharelato interesados/as en levar a cabo unha MO...