sábado, 12 de abril de 2025

CONVOCATORIA DE MOBILIDADE DE GRUPO: ALEMAÑA

MOBILIDADES - ACREDITACIÓN ERASMUS + 2024/2025


CONVOCATORIA DE MOBILIDADE DE GRUPO


Buscamos de 5 a 7 alumnos/as interesados/as en levar a cabo unha MOBILIDADE

DE GRUPO (entre 5 e 7 días) cun instituto en Berlín (Alemaña), o Otto-Nagel-Gymnasium,

empregando como lingua vehícular o ALEMÁN.


Esta mobilidade está enfocada ao alumnado que curse alemán en 1º Bacharelato. 

Trátase dunha actividade que ten como obxecto asistir ás clases ordinarias,

facer algunha presentación ou exposición do noso centro, cidade/rexión / país

en lingua alemá. Participaremos nalgunhas actividades propostas pola escola

alemá, así como traballos en grupos internacionais. 


Como parte do compromiso, solicitarase unha fianza aos participantes.


Datos da mobilidade:


 

MOBILIDADE DE GRUPO



LINGUA:                                ALEMÁN


ALUMNADO:                         1º BAC


MOBILIDADE DE GRUPO:   5 – 7 días


PRAZAS DISPOÑIBLES:      5 - 7  estudantes


CENTRO ALEMÁN:              Otto-Nagel-Gymnasium (Berlín / Alemaña)


DATA DA MOBILIDADE:       Por confirmar datas exactas / finais de xuño 2025



Os/as alumnos/as interesados/as deben descargar o formulario anexo, cubrilo e

entregalo enviándoo ao correo electrónico: erasmuslagoas@gmail.com.



Data límite: martes, 24 de abril de 2025, ás 23:59h.



Despois convocaremos ao alumnado interesado para unha entrevista persoal e

aplicaremos o baremo adxunto.


BAREMO

Informes finais da mobilidade a Noisy-le-Grand. Un PODCAST

Noa Barge Mosquera, alumna de 1° C BAC realizou un PODCAST sobre a súa estadía na escola    Lycée Évariste Galois en Noisy-le-Grand (Île-de-...