domingo, 4 de outubro de 2026

Mobilidade de Grupo a Berlín - Otto-Nagel-Gymnasium


Dúas profesoras Elisa Álvarez e Diana Babarro acompañaron a 6 alumanas de 1º BACH da materia de alemán a unha mobilidade de grupo ao Otto-Nael-Gymnasium, centro co que establecimos contacto o curso anterior. A continuación os diarios das nenas:

Día 1

Hoxe, día 25 de abril do 2026, fixemos unha chea de cousas.

Saímos ás 8:30 do albergue, e fomos a dar un paseo ao lado Este do Muro de Berlín. Vimos as fermosas obras que alí se atopaban, e despois atravesamos o Oberbaum-Brücke para dirixirnos á parte de Berlín do outro lado do río.
Vimos o Checkpoint Charlie, e a continuación visitamos un museo acerca do muro de Berlín e a súa historia, do cal aprendimos moito.
Pasamos polo lado do semáforo máis antigo de Alemaña, e despois cruzamos a Potsdamer Platz en busca dun lugar para comer.
Trala comida fomos a varias tendas de souvenirs, e aproveitamos para entrar no Mall of Berlin.
Máis adiante dirixímonos a un impresionante monumento, no cal se rememoraban ás víctimas do holocausto.
Despois vimos a porta de Brandemburgo coas súas embaixadas, e contemplamos as Catedrais Xemelgas. Posteriormente fomos á Bebelplatz e ó Museo da Biblioteca Nacional. Collimos un U-Bahn para regresar ao hostel, e despois fomos a cenar.
Moi bo día, camiñamos moito.

© Valentina, Sofía y Mariana



Día 2

Hoxe espertámonos cedo pola mañá para seguir vendo a cidade. Primeiro fomos almorzar á praza de Alexanderplatz. Despois vimos a torre de TV e marchamos ao concello (Rotes Rathaus), a continuación fomos ó barrio máis antigo de Berlín, o Nikolaiviertel. Neste barrio vimos a igrexa Nikolaikirche que foi destruída nun bombardeo e posteriormente foi queimada. Ó rematar a visita deste lugar fomos ao palacio reconstruido, o Humboldt Forum, á súa terraza, a ver dende alí a catedral, a illa dos museos, e parte do palacio. Aproveitamos e vimos o mercado que estaba preto do río. Na illa dos museos entramos no Neues Museum, famoso por albergar o icónico busto de Nefertiti, reliquias do antigo Exipto (momias, papiros) y coleccións da Prehistoria e Historia Antiga. Logo vistamos os Hackesche Höfe, un edificio con varios patios, onde se atopa un centro de información dedicado a Anna Frank. Ás 17:00 fomos ó Parlamento Alemán e subimos a cúpula para gozar das vistas. Para rematar o día visitamos á igrexa Gedächtniskirche destruída durante a Segunda Guerra Mundial. E tocou volver ao albergue cedo que mañá toca madrugar.

©Olalla, Estela e Nerea


Día 3
Na xornada de hoxe, as alumnas de Alemán visitamos o Otto-Nagel-Gymnasium, e participamos nas clases de Español dos estudantes de 10 a 11 anos e os de 4° da ESO. Tamén asistiron a unha clase de inglés de último curso
Despois da hora da comida, visitamos a Igrexa Memorial Kaiser Wilhelm, e a Neue Kirche que encontrábase cerca.
Fixemos unha parada na Catedral de Berlín, o Berliner Dom, e finalizamos o día na Alexanderplatz.

©Mariana, Sofía e Valentína




Día 4
O noso último día en Berlín comezou no instituto Otto-Nagel onde na primeira clase, que foi lingua española, nos deron a benvida cun almorzo e un xogo. Logo seguimos cas nosas presentacións sobre a linguaxe xuvenil e outra sobre a lingua galega. Tamén asistimos ás clases de economía, arte e política. Despois do instituto fomos a ver a única sinagoga que quedou en pé e visible despois de guerra e a comer ó barrio dos patios. Aproveitamos que estábamos preto e visitamos un dos museos da Museumsinsel, a Alte Nationalgallerie, e para rematar volvimos ó hotel a preparar as cousas xa que mañá toca madrugar.

© Olalla, Nerea e Estela







Visita da experta: Sandra Pérez Ramos

A partir do martes 21 de abril, contamos con Sandra Pérez-Ramos, experta en temas de tradución e da muller na literatura e na historia. Esta visita forma parte do noso proxecto Erasmus+.


Tedes 2 citas que poden ser do voso interese se va interesa a carreira de tradución. O mércores e o venres durante o recreo estará na biblioteca para atender as vosas dúbidas.


xoves, 27 de agosto de 2026

Visita Jobshadowing de Étienne Anquez, profesor de historia do Lycée Évariste Galois de Noisy-le-Grand

 

Étienne Anquez, profesor de historia no Lycée Evariste Galois de Noisy-le-Grand, visitounos entre os días 12 e 17 de abril  nunha estadía de jobshadowing.


Programa



Mobilidade de grupo: Francavila Fontana (Italia)

Diario da mobilidade de grupo a Italia:
Día 1
Pola mañá, xuntámonos para comezar a nosa viaxe do Erasmus+. Ás 11:00 collemos un tren que nos levou ata Madrid, onde tiñamos que coller o avión que nos levaría a Italia. Durante a viaxe fomos falando entre nós, comentando como sería a experiencia e con moitas ganas de chegar ao destino.


Despois de chegar ao aeroporto e facer os trámites necesarios, collemos o avión rumbo a Italia. Foi un momento moi emocionante porque por fin comezaba esta experiencia que levabamos tanto tempo esperando.

Xa pola noite, arredor das 23:30, as familias italianas viñeron recollernos para levarnos ás súas casas. Foi o primeiro encontro cos nosos correspondentes e coas súas familias, un momento importante para empezar a coñecernos mellor e comezar a convivencia durante esta semana.

Foi un día longo de viaxe, pero tamén o inicio dunha experiencia nova que todos estabamos desexando vivir.

Feito por Daniela, Sabela e María 





Día 2
Pola mañá, ás 8:00 h, os alumnos asistiron á súa primeira hora de clases normais no instituto. Foi unha boa oportunidade para ver como estudan os alumnos italianos e vivir unha lección escolar típica.
Despois diso, fixemos un percorrido completo polo centro. Durante a visita, puidemos ver diferentes aulas, instalacións e zonas do instituto, mentres aprendiamos máis sobre como funciona a escola e que fan os estudantes alí cada día.
Arredor das 12:00 h, fomos de excursión pola cidade de Francavilla. Camiñamos polas rúas e descubrimos algúns lugares interesantes da vila mentres gozabamos do ambiente e pasabamos tempo xuntos.
Pola tarde, a maioría dee nós fomos ver un torneo de fútbol escolar. Foi un momento divertido no que puidemos apoiar aos equipos e gozar do deporte cos outros alumnos.
Pola noite, a maioría cenamos xuntos e máis tarde reunímonos na praza da vila. Pasamos o tempo alí falando,rindo e gozando da noite en boa compañía.
Gael, Matias and Alex

Día 3
Esta mañá déronnos tempo libre para organizarnos, descansar un pouco e preparar o plan do día.
Ese tempo foi estupendo para adaptarnos mellor aos seus costumes e horarios, así como para pasar tempo coas nosas familias de acollida.
Á hora de xantar comezamos a pasar o día con eles. Todos fixeron plans diferentes: algúns quedaron na cidade coas familias como en Puglia e outros aproveitaron para saír e visitar outras cidades próximas como Tarento.
Moitos de nós fomos a restaurantes para probar comida típica italiana en Lecce, compartir experiencias con eles e gozar das paisaxes.
Despois de pasar case toda a tarde coas nosas familias, sobre as 8:30 españois e italianos reunímonos en San Marzzano para pasar tempo xuntos.
Hoxe foi un día aparentemente tranquilo pero tamén importante porque puidemos estreitar os nosos lazos con eles, coñecer os seus costumes, probar os seus pratos tradicionais e aprender como é a vida aquí. Pouco a pouco estamos integrándonos no seu entorno e adaptándonos ao contorno.

Escrito por Sofía, Paula e Zaida.


Día 4
Hoxe comezamos o día levantándonos cedo para ir á escola. Alí reunímonos todos os estudantes que participamos no Erasmus e, despois de organizarnos, subimos ao autobús para dirixirnos a Matera, unha cidade moi turística de Italia. Durante a mañá percorremos a cidade acompañados por un guía que explicaba moi ben a historia e as curiosidades do lugar. Camiñamos por diferentes rúas e vimos varios monumentos, miradoiros e zonas importantes da cidade, desde onde había vistas moi bonitas.

A metade do percorrido fixemos un pequeno descanso no que todos comemos algo e aproveitamos para falar e descansar un pouco. Despois continuamos a visita guiada e seguimos descubrindo máis recunchos interesantes de Matera. Cando terminou a ruta, tivemos un tempo libre para pasear pola cidade pola nosa conta. Algúns compañeiros sentáronse en bares locais para tomar algo e outros aproveitaron para comprar algúns recordos.

Arredor das tres e media da tarde volvemos subir ao autobús para regresar á escola. Unha vez alí, cada un volveu para a súa casa. Máis tarde, pola tarde, algúns compañeiros xuntáronse na casa dun deles para pasar o tempo xuntos, mentres que outros preferiron descansar ou facer outras actividades. Foi un día moi interesante no que puidemos coñecer unha cidade nova e compartir tempo con todos os compañeiros do Erasmus.

Thelma and Scharlin

Día 5
Pola mañá, ás 8:00 h, espertamos e fomos ao instituto para comezar a xornada. Unha vez alí, os alumnos españois participamos nunha actividade creativa na que deseñamos os nosos propios marcapáxinas personalizados. Moitos deles estaban inspirados en elementos característicos de Italia, o que fixo a actividade aínda máis interesante e divertida.

Despois diso, asistimos a unha clase xunto cos nosos compañeiros de intercambio, o que nos permitiu seguir coñecendo mellor o seu día a día no instituto. Ao rematar a clase, comezamos coas presentacións que tiñamos preparadas, nas que falamos sobre diferentes aspectos da cultura ourensá e galega. Foi unha boa oportunidade para compartir as nosas tradicións e costumes cos demais.

Ao mediodía, regresamos ás nosas casas para xantar e descansar un pouco. Pola tarde, ás 15:30 h, volvemos ao instituto, concretamente ao pavillón deportivo, onde practicamos distintos deportes e xogamos ao voleibol, pasando un tempo moi entretido e activo xuntos.

Foi un día completo no que combinamos creatividade, aprendizaxe e deporte, fortalecendo tamén a convivencia entre todos nós.

Escrito por Nico, Brais e Guillermo.

Día 6
Hoxe foi o penúltimo día do Erasmus, pola mañá tivemos clase como de costume. Algúns tiveron inglés outros filosofía, exame ou química. Despois das primeiras clases tivemos un pequeno descanso para comer algo e descansar. A continuación volvemos a clase a facer unhas presentacións para amosarlles ós italianos parte da nosa cultura. Cando rematamos as clases fomos comer, algúns a casa e outros a un restaurante ou bar. Cando deron as 14:15 collemos un bus camiño Taranto, unha cidade fermosa. En Taranto visitamos o museo arqueolóxico, no que vimos numerosas esculturas, xarróns, moitísima xoiería e incluso unha tumba cun esqueleto no interior. A pesar de que a rapaza que está a facer o tour guiado falaba italiano entendíase bastante ben e aprendimos cousas como que Taranto foi fundada no século XII. Tamén tivemos unha fermosa vista do mar e paramos a mercar algo de merendar a unha pastelería fermosa. Antes de marchar mercamos uns souvenirs e fixemos as últimas fotos, xa na casa preparámonos e marchamos cara un restaurante a cear. Por último preparamos as maletas para mañá.

Olalla, Lucía e Valentina

Día 7
Hoxe foi un día triste e moi emocional. Pola mañá, reunímonos todos nun punto de encontro para despedirnos dos nosos compañeiros e subir no autobús camiño ao aeroporto. A despedida estivo cargada de bágoas e moitas apertas, aínda que foi difícil, a nosa experiencia chegou ó final. Despois de aterrizar en Madrid fomos a estación de tren onde, tras 3 horas de espera, collimos o tren cara Ourense. Foi unha viaxe longa cargada de morriña e moita pena, pero tamén chea de historias e momentos que contar.
Pola noite, arredor das 21.30 reunímonos cosas nosas respectivas familias despois de 7 días sen velos.
En resumo, está viaxe foi unha experiencia maravillosa para todos e grazas a ela puidemos aprender moito sobre Italia e a súa cultura, sobre os nosos compañeiros, sobre a nosa independencia e sobre a convivencia con outras persoas.
Definitivamente nunca olvidaremos esta viaxe nin ao os nosos novos amigos.

Sofía Dieguez y Antía

Aquí tendes o enlace aos traballos do alumnado participante nesta mobilidade:



Acollida auxiliar de conversa: Lara Lilienthal

Este ano tivemos a Lara Lilienthal unha estudante de filoloxía en Berlín como auxiliar de conversa para o departamento de alemán a través do programa ERASMUS+. Estivo con nos desde o 1 de outubro de 2025 ata o 31 de marzo de 2026. Agradecemos a túa dedicación e dexesamos o mellor para o teu futuro.

Vielen Dank und alles Gute!!!





Mobilidade de grupo: Freudenstadt (Alemaña)

DIARIO DA MOBILIDADE DE GRUPO A FREUDENSTADT (ALEMAÑA)

Día 1
Hoxe, o alumnado do IES As Lagoas inicia a súa viaxe a Alemaña para participar nun intercambio do programa Erasmus, unha experiencia moi enriquecedora tanto a nivel persoal como académico.

Un grupo de estudantes de 3º e 4º da ESO saímos en autobús desde o instituto cara ao aeroporto do Porto, onde collemos un voo de Ryanair con destino a Karlsruhe Baden-Baden. Desde alí, continuaremos a viaxe en autobús ata Freudenstadt, onde nos reuniremos cos nosos compañeiros de intercambio.

Agárdannos uns días cheos de aprendizaxe, convivencia e novas experiencias.

Aroa e Ana Marín


Día 2
Hoxe seguimos coa nosa aventura en Alemaña no segundo día do intercambio Erasmus. Pola mañá tivemos distintas clases, nas que aprendemos cousas novas e tamén practicamos un pouco o idioma, o que foi moi interesante.

Pola tarde tocou cambiar de ritmo e fomos á piscina, onde puidemos relaxarnos e pasalo ben todos xuntos, compartindo risas e momentos divertidos.

Sen dúbida, está sendo unha experiencia moi completa, con tempo para aprender pero tamén para gozar.

Brais e Zoe

Día 3
Fui con mi compañero de intercambio alemán a Stuttgart y pasamos un día muy agradable juntos. Estuvimos recorriendo la ciudad, paseando por sus calles y visitando distintas tiendas, donde miramos ropa, recuerdos y otras cosas interesantes. Nos lo pasamos bien explorando y conociendo un poco más el ambiente de la ciudad.
También hicimos una pausa para comer en un sitio llamado Bürgermeister, y la verdad es que comimos muy bien. Aprovechamos para descansar, charlar y disfrutar de la comida. En general, fue una experiencia muy divertida, en la que pude pasar más tiempo con mi compañero de intercambio y conocer mejor Stuttgart.

Aldán
--------------
Hoxe fun cos meus compañeiros de intercambio a Stuttgart, Alemaña. A miña compañeira Marleen non poido vir porque tiña un exame de ballet, asíque levóume camiñando ata a parada do tren e reuninme co resto do grupo.
Ao chegar alí eu e máis Aroa fomos comprar algunhas cousas e sentamos a ver o paisaxe ata a hora de comer.
Reunímonos todos e fomos a un restaurante especializado en patacas fritidas, estaba moi boas. Despois Aroa e máis eu demos outra volta, compramos máis e fomos a parada do tren co resto do grupo.
O día foi moi entretido e Stuttgart e moi fermoso.

Hugo
--------------
Hoxe tivemos un día moi divertido. Pola mañá, varias rapazas españolas e alemás fomos xuntas a Stuttgart. Collemos o tren sobre as dez e chegamos alí arredor das doce e media. Xa ao chegar, empezamos a pasear e a entrar en distintas tendas, disfrutando do ambiente da cidade.
Estivemos de compras por diferentes tendas, incluíndo un Subdue, ata que chegou a hora de comer. Entón fomos a unha hamburguesería dunha cadea alemá, onde comemos moi ben. Despois decidimos probar o matcha, algo diferente e curioso, e continuamos un pouco máis de compras tranquilamente.
Finalmente, sobre as seis da tarde collemos de novo o tren para volver a Freudenstadt, onde chegamos arredor das oito e media. Foi un día longo pero moi entretido, cheo de risas, compras e bos momentos en compañía.

Ana y Xiana
--------------
Hoxe fun cos meus compañeros a Stuttgart. A miña Lenia non puido vir porque tiña un examen de ballet entón deixoume no tren e alí reuninme con tod@s. Ao chegar alí Dylan e máis eu fumos a ver as tendas de deporte de Stuttgart ata a hora de comer e despois fumos a outras tendas ata que as 5 collemos o tren de volta a Freudenstadt. Foi un día moi divertido no que aproveitamos para comprar regalos.
Alberto
Hoxe fun a ver xogar o partido de fútbol herba ao irmán do alemán a Baiersbronn e despois fun ver o partido do alemán en Mitteltal. Os partidos acabaron as 4 e mais tarde fun para a súa casa e así poder xogar videoxogos con el. Foi un día moi divertido porque os partidos foron entretidos e o meu alemán Angelo marcou tres goles.
Guillén

Día 4
Hoy fue un día súper completo. Por la mañana fuimos al Nationalpark Schwarzwald. Allí disfrutamos de la naturaleza y vimos muchos paisajes diferentes, aprendiendo cosas sobre el parque y pasando tiempo juntos con mi compañera alemana y su familia.
Después, fuimos a comer. La comida estuvo bien y fue un buen momento para descansar y hablar mientras estábamos todos.
Para cenar, fuimos a Pegasos, un restaurante griego. Allí comí cosas riquísimas y la verdad es que estaba muy bueno todo. Me gustó mucho porque pudimos probar comida diferente y compartir la cena con mi compañera alemana y su familia.

Alba
----------------
O noso día en Alemaña foi moi especial. Pola mañá fomos ao Parque Nacional da Selva Negra (Schwarzwald) e visitamos o lago Mummelsee, que nos encantou. Despois subimos á montaña e puidemos admirar unhas vistas preciosas. Ademais, cos poucos restos de neve que había, fixemos un pequeno boneco de neve e gozamos moito da paisaxe.
Pola tarde fomos comer a un italiano e, para rematar o día, fomos ao cine ver unha película en alemán, o que fixo a experiencia aínda máis interesante.

Carla
--------------
Hoxe tocou o día familiar no que comezamos paseando en Sommerberg. Disfrutamos dun agradable paseo polo bosque e vimos a flora e a fauna do parque.
Tamén fixemos un montón de actividades, como subir á Baumwipfelpfad a 40 metros de altura, na que puidemos observar todo o que quixemos. Tamén subimos á Wildline, unha ponte colgante onde estabamos a 60 metros do chan.
Despois desprazámonos á bolera Red Bowl & Lounge, onde xuntámonos un gran grupo de xente.
Foi un día moi longo que desfrutamos o máximo.

Lucía e Nerea

Día 5
Hoxe fomos sen os nosos compañeiros de intercambio a Freiburg. Alí fixemos unha visita guiada na que vimos a impresionante Catedral e tamén todos os canles da cidade. Aprendimos moitas cousas sobre a historia da cidade, como que os canles servían antigamente para levar auga pola cidade, axudar a apagar incendios e para dar de beber aos animais.
Despois da visita, tivemos tempo libre para comer e aproveitamos para comprar algunhas cousas.
Máis tarde, ao regresar a Freudenstadt, descansamos un pouco e logo saímos a dar un paseo pola cidade.

Laura e Claudia

Día 6
Hoxe fomos cos nosos compañeiros alemás á primeira hora de clase. Logo fomos ao concello, onde falamos co alcalde, quen nos explicou moitas cousas interesantes sobre Freudenstadt, o que nos axudou a afondar máis na súa historia e cultura.
Máis tarde fixemos un xogo que consistía en atopar distintos datos sobre a cidade, especialmente sobre a súa praza. Despois, un grupo de españolas e alemás fomos xuntas a comer e, máis tarde, ao minigolf, onde pasamos toda a tarde.
Logo fomos á casa das nosas compañeiras alemás, onde estivemos aproximadamente unha hora, ata que finalmente fomos todas xuntas a unha tenda.
Este foi un día moi divertido no que pasamos moito tempo cos nosos amigos alemás e fixemos moitas actividades interesantes.

Lara e Matilda

Día 7
Hoxe, mércores, viaxamos a Estrasburgo, Francia, para ir ao Parlamento Europeo. O primeiro que fixemos foi coller un autobús dunha hora e media desde Freudenstadt e, cando chegamos, fomos directamente a rexistrarnos co noso DNI ou pasaporte. Despois pasamos dentro para ver unha parte interactiva do parlamento onde pudimos coñecer como funcionaba, tamén todos os diputados que son 720, que é o que fan e a cal partido apoian. Despois entramos a unha sala para ter unha experiencia virtual onde nos explicaron a importancia do parlamento e a amizade europea. Máis tarde reunímonos coa guía para ir a unha sala na que nos deu unha charla sobre a distribución dos grupos parlamentarios, a infraestrutura, intérpretes e como funcionan as votacións. Despois fomos ver a cámara dos parlamentarios que está en obras. Por último, sacamos unha foto coas bandeiras do paises membros da UE. Aprendemos moito con esta experiencia única e pasámolo moi ben.

Dylan e Guillén

-------------------------
Hoxe comenzamos o día erguéndonos ás sete para chegar xunta os alemáns á parada do bus ás oito. Fomos no bus unha hora e pouco ata Estrasburgo. Primeiro visitamos o Parlamento Europeo que nos pareceu moi bonito e moderno e aprendemos moitas cousas sobre o funcionamiento do parlamento. A visita guiada foi moi interesante. Logo fomos ata o centro da cidade onde comemos, mercamos algún recordo e puidemos ver a marabillosa arquitectura da cidade. Un monumento a destacar foi a impresionante catedral gótica. Máis tarde reunímonos todos xuntos outra vez e collemos un barco para ir polas canles, onde aprendemos moito da historia da cidade e dos diferentes monumentos . Por último fomos ao bus de Volta a Freundstadt. Ao chegar comezou a nevar e algúns dos españois nunca virámos nevar polo que foi un momento moi especial e bonito que gardaremos de recordo desta bonita cidade.

Muriel, Sarela e Gaia




Día de regreso.
Saímos con neve a -1 °C de Freudenstadt e aterramos con 19 °C e sol no Porto. Unha vez xa na casa, toca recapitular: novas situacións ás que enfrontarse, a dificultade ás veces de facerte entender nese outro idioma que non é o teu, buscar formas e estratexias de comunicarse, ver como funciona unha escola noutro país, coñecer xente nova, probar comidas diferentes, facer novos amigos, observar, escoitar, aprender, porque ao final, "viaxar é aprender", e medrar.

Agora toca preparar o encontro que teremos en xuño en Ourense; toca ser anfitrións. Queremos que quen nos visite descubra non só a nosa terra, senón tamén a mellor versión da nosa cultura: a nosa forma de acoller e de compartir. Mostrarlles as nosas tradicións, as nosas linguas, o noso xeito de entender a vida, e facelo ben, con cariño e con esa mestura de sinxeleza e autenticidade que nos caracteriza.

Será a nosa quenda de abrir as portas, de ensinar, de aprender tamén desde aquí, e de seguir construíndo xuntos, a través destes intercambios e desta experiencia, esa Europa aberta, diversa e cooperativa na que cremos. Cada encontro, cada conversa, cada xesto suma.

Wir sehen uns im Juni!!!


Enlace aos traballos do alumnado que participou nesta mobilidade:

Jobshadowing no Liceo Francesco Ribezzo (Francavilla Fontana) Mónica Rodríguez Palomanes / Profesora de Bioloxía no IES As Lagoas

A nosa compañeira de bioloxía Mónica Rguez. Palomanes aproveitou uns días de jobshadowing no Liceo Científico F. Ribezzo de Francavila Fontana no sir de Italia.

Aquí o enlace ao resumo da dúa estadía:
https://canva.link/5qt8i1r8ea3cg99