MOBILIDADES - ACREDITACIÓN ERASMUS + 2024/2025
CONVOCATORIA DE MOBILIDADE DE GRUPO
Buscamos de 5 a 7 alumnos/as interesados/as en levar a cabo unha MOBILIDADE
DE GRUPO (entre 5 e 7 días) cun instituto en Berlín (Alemaña), o Otto-Nagel-Gymnasium,
empregando como lingua vehícular o ALEMÁN.
Esta mobilidade está enfocada ao alumnado que curse alemán en 1º Bacharelato.
Trátase dunha actividade que ten como obxecto asistir ás clases ordinarias,
facer algunha presentación ou exposición do noso centro, cidade/rexión / país
en lingua alemá. Participaremos nalgunhas actividades propostas pola escola
alemá, así como traballos en grupos internacionais.
Como parte do compromiso, solicitarase unha fianza aos participantes.
Datos da mobilidade:
MOBILIDADE DE GRUPO
LINGUA: ALEMÁN
ALUMNADO: 1º BAC
MOBILIDADE DE GRUPO: 5 – 7 días
PRAZAS DISPOÑIBLES: 5 - 7 estudantes
CENTRO ALEMÁN: Otto-Nagel-Gymnasium (Berlín / Alemaña)
DATA DA MOBILIDADE: Por confirmar datas exactas / finais de xuño 2025
Os/as alumnos/as interesados/as deben descargar o formulario anexo, cubrilo e
entregalo enviándoo ao correo electrónico: erasmuslagoas@gmail.com.
Data límite: martes, 24 de abril de 2025, ás 23:59h.
Despois convocaremos ao alumnado interesado para unha entrevista persoal e
aplicaremos o baremo adxunto.
BAREMO