MOBILIDADES - ACREDITACIÓN
ERASMUS + 2024/2025
CONVOCATORIA DE MOBILIDADE INDIVIDUAL DE CURTA DURACIÓN
Buscamos 2/3 alumnos/as
interesados/as en levar a cabo unha MOBILIDADE INDIVIDUAL (entre
5 e 7 días) cun instituto francés situado preto de París empregando como lingua
vehicular o INGLÉS. Esta mobilidade está enfocada a alumnado que
curse 1º de Bacharelato ou 4º da ESO, que colabore dun xeito activo co Centro (biblioteca,
convivencia, mediación, inclusión, eventos, etc.) e queira compartir a súa
experiencia e coñecer o funcionamento doutro centro estranxeiro.
Como parte do
compromiso, solicitarase unha fianza aos participantes.
Datos da mobilidade
MOBILIDADE INDIVIDUAL DE CURTA DURACIÓN
LINGUA: INGLÉS
ALUMNADO: 1º
BAC / 4º da ESO
MOBILIDADE DE
CURTA DURACIÓN: 5 – 7 días
PRAZAS
DISPOÑIBLES: 3 estudantes
CENTRO FRANCÉS: Lycée
Évariste Galois (Noisy-le-Grand, Île-de-France)
DATA DA
MOBILIDADE: Por confirmar datas exactas (entre o 24 e 30 de abril).
Os/as alumnos/as
interesados/as deben descargar o formulario anexo, cubrilo e entregalo
enviándoo ao correo electrónico: erasmuslagoas@gmail.com.
Data límite: venres 14 de marzo de 2025.
Despois
convocaremos ao alumnado interesado para unha entrevista persoal e aplicaremos
o baremo adxunto.