venres, 25 de abril de 2025
Informes finais do alumnado Italia - Diario
MOBILIDADE DE GRUPO / Berlín 2025 Horario entrevistas o venres, 25 de abril 2025
MOBILIDADE DE GRUPO / Berlín 2025
Horario entrevistas o venres, 25 de abril 2025
Lugar: Titoría 2
Alumnado seleccionado
|
DNI |
Hora entrevista |
|
***0931** |
12.25h |
|
***4812** |
12.30h |
|
***0707** |
12.35h |
|
***5871** |
12.40h |
|
***5871** |
12.45h |
|
***6310** |
12.50h |
|
***4731** |
12.55h |
O alumnado seleccionado debe entregar o luns, 28 de abril no centro (vicedirección ou equipo ERASMUS+) unha copia do DNI e / ou pasaporte.
Nos vindeiros días convocarase unha reunión informativa cos pais.
xoves, 24 de abril de 2025
Informes finais do alumnado que foi a Italia. Presentación "Prexuízos e clichés"
As nosas alumnas Eva Nieto Feijoo, Candela Iglesias Pombo e Jimena Curieses fixeron unha presentación sobre o tema dos prexuízos e clichés que temos sobre Italia e os italianos. Atopádesla no seguinte enlace.
Informes finais do alumnado que foi a Italia. Excursións en Puglia
Ismael Fernández fixo un resumo das excursións que se fixeron duranta a semana que pasaron no Sur de Italia, en Puglia. Podedes leer a súa experiencia no seguinte enlace:
Informes finais do alumnado que foi a Italia. Un PODCAST
Noa Barge Mosquera e Leire De Castro González de 1° C BAC fixeron un PODCAST sobre a súa estadía en Italia.
Podedes escoitalo neste enlace:
xoves, 17 de abril de 2025
Formación en Faro (Portugal)
sábado, 12 de abril de 2025
CONVOCATORIA DE MOBILIDADE DE GRUPO: ALEMAÑA
MOBILIDADES - ACREDITACIÓN ERASMUS + 2024/2025
CONVOCATORIA DE MOBILIDADE DE GRUPO
Buscamos de 5 a 7 alumnos/as interesados/as en levar a cabo unha MOBILIDADE
DE GRUPO (entre 5 e 7 días) cun instituto en Berlín (Alemaña), o Otto-Nagel-Gymnasium,
empregando como lingua vehícular o ALEMÁN.
Esta mobilidade está enfocada ao alumnado que curse alemán en 1º Bacharelato.
Trátase dunha actividade que ten como obxecto asistir ás clases ordinarias,
facer algunha presentación ou exposición do noso centro, cidade/rexión / país
en lingua alemá. Participaremos nalgunhas actividades propostas pola escola
alemá, así como traballos en grupos internacionais.
Como parte do compromiso, solicitarase unha fianza aos participantes.
Datos da mobilidade:
MOBILIDADE DE GRUPO
LINGUA: ALEMÁN
ALUMNADO: 1º BAC
MOBILIDADE DE GRUPO: 5 – 7 días
PRAZAS DISPOÑIBLES: 5 - 7 estudantes
CENTRO ALEMÁN: Otto-Nagel-Gymnasium (Berlín / Alemaña)
DATA DA MOBILIDADE: Por confirmar datas exactas / finais de xuño 2025
Os/as alumnos/as interesados/as deben descargar o formulario anexo, cubrilo e
entregalo enviándoo ao correo electrónico: erasmuslagoas@gmail.com.
Data límite: martes, 24 de abril de 2025, ás 23:59h.
Despois convocaremos ao alumnado interesado para unha entrevista persoal e
aplicaremos o baremo adxunto.
-
MOBILIDADES – ACREDITACIÓN ERASMUS+ 2026/27 CONVOCATORIA DE MOBILIDADE DE GRUPO Datos da mobilidade · Centro italiano: Liceo Statale «Fran...
-
MOBILIDADES – ACREDITACIÓN ERASMUS+ 2026/27 CONVOCATORIA DE MOBILIDADE DE GRUPO Datos da convocatoria · Centro portugués : Escola ...
-
MOBILIDADES - ACREDITACIÓN ERASMUS + 2026/27 CONVOCATORIA DE MOBILIDADE DE GRUPO Datos da mobilidade - MOBILIDADE DE GRUPO CENTRO ALEMÁN:...


