xoves, 12 de febreiro de 2026

CONVOCATORIA DE MOBILIDADE DE GRUPO: Berlín

 

MOBILIDADES - ACREDITACIÓN ERASMUS + 2025/ 2026

CONVOCATORIA DE MOBILIDADE DE GRUPO

Buscamos máximo 6 alumnos/as interesados/as en levar a cabo unha MOBILIDADE DE GRUPO (uns 5 días) cun instituto en Berlín (Alemaña), o Otto-Nagel-Gymnasium, empregando como lingua vehicular o ALEMÁN. Esta mobilidade está enfocada ao alumnado que curse alemán en 1º de Bacharelato. Esta actividade ten como obxectivo asistir a clases ordinarias, facer algunha presentación en lingua alemán ese centro e intervir activamente nas clases.

Participaremos nalgunhas actividades propostas pola escola alemá, así como traballo en grupos internacionais.

Como parte do compromiso, solicitarase unha fianza aos participantes de 250€.

 

Datos da mobilidade

MOBILIDADE DE GRUPO

 

LINGUA: ALEMÁN

ALUMNADO: 1º BAC

MOBILIDADE DE GRUPO: 5 días / finais abril 2026

PRAZAS DISPOÑIBLES: máx. 6 estudantes

CENTRO ALEMÁN: Otto-Nagel-Gymnasium (Berlín / Alemaña)

DATA DA MOBILIDADE: finais de abril 2026

Os/as alumnos/as interesados/as deben descargar o formulario anexo, cubrilo e entregalo enviándoo ao correo electrónico: erasmuslagoas@gmail.com.

Data límite: luns, 23 de febreiro de 2026, ás 23:59h.

Despois convocaremos ao alumnado interesado para unha entrevista persoal e

aplicaremos o baremo adxunto.


FORMULARIO

BAREMO

MOBILIDADE DE GRUPO / Berlín 2026: horario entrevistas

  MOBILIDADE DE GRUPO / Berlín 202 6   Horario entrevistas XOVES, 5 de marzo 2026   Listaxe admitidos   ****0160*            ...