MOBILIDADES ACREDITACIÓN ERASMUS + 2025/2026
REAPERTURA PLAZO PARA ITALIA
Buscamos estudantes que cursen 4º ESO interesados/as en levar a cabo unha MOBILIDADE DE GRUPO (1 semana) cun instituto italiano en Francavilla-Fontana (Puglia) empregando como lingua vehicular o INGLÉS. Pode participar alumnado que NON participe no ERASMUS+ de Alemaña.
O aloxamento será en familias polo que os participantes teñen que estar dispostos a acoller a unha persoa na súa casa (agás que non sexa posible).
Trátase dunha actividade que ten como obxecto asistir ás clases ordinarias, facer algunha presentación ou exposición, traballar nos proxectos propostos de acordo cos obxectivos Erasmus +, e participar no proxecto eTwinning así como facer unha memoria das actividades en diferentes formatos (Podcasts, artigos, presentacións, etc.)
Como parte do compromiso, os estudantes participantes deberán participar activamente nas actividades propostas (non só durante a estadía) e realizar as tarefas asignadas. Solicitarase unha fianza.
Datos da mobilidade:
TIPO: MOBILIDADE DE GRUPO
LINGUA: INGLÉS
ALUMNADO: 4º ESO
MOBILIDADE DE CURTA DURACIÓN: 1 semana
PRAZAS DISPOÑIBLES: 13 estudantes
CENTRO ITALIANO: Francesco Ribezzo (Francavilla-Fontana, Puglia)
DATA DA MOBILIDADE A ITALIA: marz 2026
DATA DA MOBILIDADE EN ESPAÑA: Finais xaneiro/principios febreiro (Por confirmar)
ALOXAMENTO: Familias
Os/as alumnos/as interesados/as deben descargar o formulario anexo, cubrilo, escanealo e entregalo enviándoo ao seguinte correo electrónico: erasmuslagoas@gmail.com
DATA LÍMITE DE ENTREGA: martes, 2 de decembro de 2025, ás 23:59.
Despois, convocarase ao alumando interesado para unha entrevista persoal e aplicaremos o baremo adxunto.