luns, 30 de setembro de 2024

CONVOCATORIA DE MOBILIDADE DE GRUPO A ITALIA

 

MOBILIDADES ACREDITACIÓN ERASMUS +  2024/2025   

Buscamos alumnos/as que cursen 1º de Bacharelato (ampliable a 4º da ESO) interesados/as en levar a cabo unha MOBILIDADE EN GRUPO (1 semana) cun instituto italiano empregando como lingua vehicular o INGLÉS.

O aloxamento será en familias polo que os participantes teñen que estar dispostos e ter a posibilidade de acoller a unha persoa na súa casa.

Como parte do compromiso, solicitarase unha fianza aos participantes.

 

 Datos da mobilidade:

MOBILIDADE DE GRUPO

LINGUA: INGLÉS

ALUMNADO: 1º BAC / 4º da ESO

MOBILIDADE  DE CURTA DURACIÓN: 1 semana

PRAZAS DISPOÑIBLES: 15 estudantes

CENTRO ITALIANO: Francesco Ribezzo (Francavilla-Fontana, La Puglia)

DATA DA MOBILIDADE A ITALIA: Por confirmar (Antes de Semana Santa ou primeira quincena de maio)

DATA DA MOBILIDADE EN ESPAÑA: Finais de xaneiro/ Comezos febreiro

 

Os/as alumnos/as interesados/as deben encher o formulario anexo, cubrilo, escanealo e entregalo ata o 7 de outubro de 2024 enviándoo ao seguinte correo electrónico: erasmuslagoas@gmail.com

Despois  convocaremos ao alumando interesado para unha entrevista persoal e aplicaremos o baremo adxunto.



FORMULARIO

Informes finais da mobilidade a Noisy-le-Grand. Un PODCAST

Noa Barge Mosquera, alumna de 1° C BAC realizou un PODCAST sobre a súa estadía na escola    Lycée Évariste Galois en Noisy-le-Grand (Île-de-...