Buscamos alumnos/as matriculados/as na materia de Francés (4º ESO e/ou BAC) interesados/as en levar a cabo unha mobilidade individual de 2 semanas cun instituto francés.
Datos da mobilidade:
LINGUA: FRANCÉS
ALUMNADO: FRANCÉS 4º ESO e BAC
MOBILIDADE DE CORTA DURACIÓN: 2 semanas
PRAZAS DISPOÑIBLES: 2
CENTRO FRANCÉS: Lycée du Pays d’Aunis (La Rochelle)
DATA DA MOBILIDADE A FRANCIA: Xaneiro 2024
DATA DA MOBILIDADE EN ESPAÑA: Aínda sen determinar
Os/as alumnos/as interesados/as deben encher o formulario anexo, cubrilo, escanealo e entregalo ata o 26 de outubro enviándoo ao seguinte correo electrónico: erasmuslagoas@gmail.com
Despois convocaremos ao alumando interesado para unha entrevista persoal e aplicaremos o baremo adxunto.