martes, 30 de xaneiro de 2024

Charla na Xornada "Internacionaliza a túa escola" / CAFI 27 xaneiro 2024 / Cidade da Cultura Santiago de Compostela

A nosa coordinadora Elisa Álvarez Fernández presentou unha conferencia sobra a Acollida de profesores noveles ou en prácticas a través do programa ERASMUS+ na Xornada "Internacionaliza a túa escola" organizada polo CAFI o 27 xaneiro 2024 e que tivo lugar na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. 

 


Vídeo da charla

mércores, 17 de xaneiro de 2024

MICD - Francia : Vídeo

A nosa compañeira Conchita Guerra fixo un vídeo sobre a súa estadía en Surgères wue pidedes ver no seguinte enlace 

MICD - FRA Video Surgères

luns, 8 de xaneiro de 2024

Comezan as movilidades de alumnos: Francia

O noso alumno de 2º de Bacharelato Antón Lecompte Saco comeza hoxe as mobilidades Erasmus+ de alumnos deste curso cunha estancia de dúas semanas no Lycée Polyvalent Du Pays D'Aunis de Surgères (Francia) onde asistirá ás clases regulares. De acordo coa normativa Erasmus+ estivo acompañado pola nosa compañeira do departamento francés Conchita Guerra Hoyos. Antón, que teñas unha experiencia agradable e máis que satisfactoria.

mércores, 20 de decembro de 2023

Acollida 2 profesores do Liceo "F. Ribezzo" de Francavilla Fontana (Italia)

Do día 9 ao 15 de decembro visitáronnos 2 profesores italianos para unhas estadía de jobshadowing dentro do marco ERASMUS+, a directora da escola Giuseppina Pagano e Fabrizio Filippo Longo, profesor de informática e tecnoloxía.


mércores, 22 de novembro de 2023

MOBILIDADE DE GRUPO: HUNGRÍA

 

ADMITIDOS e HORARIO DAS ENTREVISTAS

Lista de admitidos e excluídos:

Xa está feita a selección para a mobilidade do Erasmus + a Hungría:

  Lista admitidas:

Brais Balado González (3º ESO) 

Martina Jarque  Álvarez (3º ESO) 

Valentina Lorenzo Acitores (3º ESO) 

Olalla Sánchez Gómez (3º ESO) 

Marta García González (4º ESO)

Candela María Cruz Núñez (1º BACH)

Cristina Cotos Fernández-Arruty (1º BACH)

Guadalupe Leza Pérez (1º BACH)

 

Lista excluídos:                                  Motivo exclusión: 

Paula Conde Moyano (1º BACH)       Documentación entregada fora de prazo


ENTREVISTAS

As entrevistas persoais realizaranse nos recreos de forma presencial na aula de titorías os seguintes días: 

LUNS, 27 de novembro, a partir das 11:00h:

Candela María Cruz Núñez (1º BACH)

Cristina Cotos Fernández-Arruty (1º BACH)

Guadalupe Leza Pérez (1º BACH)

MARTES, 28 de novembro, a partir das 11:00h:

Martina Jarque  Álvarez (3º ESO) 

Valentina Lorenzo Acitores (3º ESO) 

Olalla Sánchez Gómez (3º ESO) 

MÉRCORES, 29 de novembro, a partir das 11:00h:

Brais Balado González (3º ESO) 

Marta García González (4º ESO)


xoves, 2 de novembro de 2023

FORMACIÓN NO CEFORE DE OURENSE

A nosa compañeira e coordinadora ERASMUS+ acudiu hoxe ao CEFORE para impartir unha charla no curso O2303003 - Formación para a solicitude de proxectos plurianuais de centros escolares no Programa Erasmus+ para falar da experiencia do IES As Lagoas nos programas europeos.









martes, 31 de outubro de 2023

MICD - FRANCIA: Lista admitidos y convocatoria entrevista


ERASMUS+ 

ACTIVIDADE DE MOVILIDADE DE EDUCACIÓN ESCOLAR 

MOBILIDADE DO ALUMNADO 

MOBILIDADE INDIVIDUAL DE CURTA DURACIÓN (2 SEMANAS) - FRANCIA

Lista admitidos:

                        Antón Lecompte Saco

O alumnado admitido queda convocado para unha entrevista o venres, 3 de novembro de 2023, presencial, ás 11:05h   na sala de titorías do IES AS LAGOAS.