mércores, 11 de febreiro de 2026

Mobilidade de grupo de Italia (Francavilla Fontana)

Un grupo de 19 mozos e mozas acompañados de 3 profesores do Liceo Scientifico Ribezzo de Francavilla Fontana visitáronos entre o 1 e 9 de febreiro de 2026. Unha semana chea de choiva polo que non tiveron moita sorte de desfrutar das excursións.

Sen embargo, participaron nas clases, nos obradoiros propostos (chapas, fotografía e poesía), nas excurtsións a Santiago e a Celanova / Bande, e o tempo cos seus compañeiros e disfrutron do tempo de lecer con actividades varias (termas, saír de festa, etc.)

Nun mes imos nós alí.







Visita Jobshadowing de Sandra Mende - profesora alemán do Otto-Nagel-Gymnasium de Berlín

A semana do 19 ao 26 de xaneiro visitounos a profesora Sandra Mende do instituto Otto-Nagel-Gymnasium de Berlín nunha estancia de jobshadowing. Asistiu a clases de alemán, historia, lingua castelá e filosofía, ademais completaron o programa unhas visitas culturais polas tardes e a fin de semana. Tamén participou na xornada de Filoloxía con-ciencia na Facultade de Filoloxía da USC cun grupo de aluydo noso centro. Continuaremos a colaborar con este centro tamén con mobilidades de alumnado.




Visita Jobshadowing profesores italianos de Francavilla Fontana



 Do 23 ao 28 de novembro de 2025 Alberto Cioni, Grazia Lacorte, Elena D' Amico e Damiano Mascia, 4 compañeiros italianos da nosa escola socia en Francavilla Fontana estiveron unha semana de jobshadowing no noso centro.

Tiveron un programa completo e contamos coa colabrocaión con este centro nos vindeiros anos.






sábado, 29 de novembro de 2025

MOB GR ITALIA: Reapertura convocatoria para 4º ESO

 

MOBILIDADES ACREDITACIÓN ERASMUS +  2025/2026   

REAPERTURA PLAZO PARA ITALIA 

Buscamos estudantes que cursen 4º ESO interesados/as en levar a cabo unha MOBILIDADE DE GRUPO (1 semana) cun instituto italiano en Francavilla-Fontana (Puglia) empregando como lingua vehicular o INGLÉS. Pode participar alumnado que NON participe no ERASMUS+ de Alemaña.

O aloxamento será en familias polo que os participantes teñen que estar dispostos a acoller a unha persoa na súa casa (agás que non sexa posible).

Trátase dunha actividade que ten como obxecto asistir ás clases ordinarias, facer algunha presentación ou exposición, traballar nos proxectos propostos de acordo cos obxectivos Erasmus +, e participar no proxecto eTwinning así como facer unha memoria das actividades en diferentes formatos (Podcasts, artigos, presentacións, etc.)

Como parte do compromiso, os estudantes participantes deberán participar activamente nas actividades propostas (non só durante a estadía) e realizar as tarefas asignadas. Solicitarase unha fianza.

 Datos da mobilidade:

TIPO: MOBILIDADE DE GRUPO

LINGUA: INGLÉS

ALUMNADO: 4º ESO

MOBILIDADE  DE CURTA DURACIÓN: 1 semana

PRAZAS DISPOÑIBLES: 13 estudantes

CENTRO ITALIANO: Francesco Ribezzo (Francavilla-Fontana, Puglia)

DATA DA MOBILIDADE A ITALIA: marz 2026

DATA DA MOBILIDADE EN ESPAÑA: Finais xaneiro/principios febreiro (Por confirmar)

ALOXAMENTO: Familias

 

Os/as alumnos/as interesados/as deben descargar o formulario anexo, cubrilo, escanealo e entregalo enviándoo ao seguinte correo electrónico: erasmuslagoas@gmail.com

DATA LÍMITE DE ENTREGA: martes, 2 de decembro de 2025, ás 23:59.

Despois, convocarase ao alumando interesado para unha entrevista persoal e aplicaremos o baremo adxunto.


FORMULARIO 

xoves, 20 de novembro de 2025

Publicación Baremo das entrevistas para a Mobilidade de Grupo a Alemaña / Berlín

O baremo das entrevistas está publicado no corcho do tablón de anuncios ERASMUS+ na entrada principal do centro. 


Mañá venres haberá unha reunión no recreo na aula de 1º BACH F xunto ao Departamento de Alemán (2ª piso)