xoves, 21 de marzo de 2024

Luns, 18: Clases, Tübingen, Ritter Sport

Onte estivemos en Tübingen, unha preciosa cidade universitaria. Visitamos o casco vello e desfrutamos da marabillosa arquitectura das súas casas, cafeterías e tendas.
Logo fomos á fábrica de chocolate Ritter Sport onde depois dun tour polo museo e de encher os nosos petos con chocolate na tenda, fabricamos a nosa propia tableta.

©CristinaCotos
©CandelaCruz
©MartaGarcía

@sepie_gob 
#iesaslagoas
#eduxunta 
#sepie_gob 
#erasmusplus
#keplergymnasiumfds
https://www.instagram.com/p/C4ss6sXNnaG/?igsh=MXE0aHdva3BkZjlucw==


Diario da Viaxe a Freudenstadt: Primeiro fin de semana coas familias

Freudenstadt/ Schwarzwald

Fin de semana coas familias.
Excursións a Baden-Baden, Nagold, Freiburg, Konstanz / Bodensee, Mummelsee etc.
Actividades varias: patinaxe sobre xeo, sendeirismo, convivencia coas familias e as novas amizades, probando a gastronomía local, etc.

Unha fin de semana intensa de inmersión lingüística e cultural.

#freudenstadt
#keplergymnasiumfds 
#iesaslagoas 
#sepie_gob 
#erasmusplus 
#ourense 

@sepie_gob
https://www.instagram.com/p/C4oVuSnt9g-/?igsh=aGM4NGx2dXhtNHB5

xoves, 14 de marzo de 2024

Viaxe a Francia

Como todos os anos, uns días antes das vacacións de Semana Santa imos de intercambio. O martes 12 de marzo partiron os alumnos de francés acompañados dos profesores Pilar Prado e Daniel García Cancio. Este intercambio é financiado polo programa da Xunta de Galicia "EduExchange".

E xa están en ruta.

martes, 12 de marzo de 2024

Comeza a semana dos intercambios

Como todos os anos, uns días antes das vacacións de Semana Santa imos de intercambio. Hoxe partiron os alumnos de francés acompañados de Pilar Prado e Daniel García Cancio. Este intercambio é financiado polo programa da Xunta de Galicia "EduExchange".

O próximo venres marchan os alumnos de alemán acompañados das profesoras Elisa Álvarez Fernández e Noa López Blanco cara á Selva Negra.

A continuación podedes ver os programas destas dúas actividades.

Programa Francia:
Programa Alemaña: