martes, 12 de marzo de 2024

Comeza a semana dos intercambios

Como todos os anos, uns días antes das vacacións de Semana Santa imos de intercambio. Hoxe partiron os alumnos de francés acompañados de Pilar Prado e Daniel García Cancio. Este intercambio é financiado polo programa da Xunta de Galicia "EduExchange".

O próximo venres marchan os alumnos de alemán acompañados das profesoras Elisa Álvarez Fernández e Noa López Blanco cara á Selva Negra.

A continuación podedes ver os programas destas dúas actividades.

Programa Francia:
Programa Alemaña:

domingo, 18 de febreiro de 2024

Visita grupo escolar de Hungría a Ourense

Un grupo de alumnos e alumnas y sus dos profesoras acompañantes da escola de secundaria Nyíregyházi Evangélikus Kossuth Lajos Gimnázium de Nyíregyháza en Hungría, visitáronnos entre os 20 de xaneiro e 3 de febreiro.

Asistiron a clases, sobre todo as clases de alemán, xa que o proxecto se levou a cabo nesta lingua, traballamos sobre temas relacionados coa sustentabilidade da auga, fixeron presentacións sobre este tema, analizamos a auga das termas, do mar, etc., preparámoslles unha visita guiada pola nosa cidade, compartimos unha excursión a Fisterra e Santiago de Compostela, recibiron un minicurso de galego e castelán e probaron a nosa gastronomía.

Wir hoffen, ihr hattet eine schöne Zeit bei uns. Wir sehen uns Ende April in Ungarn!


Enlace Instagram




martes, 30 de xaneiro de 2024

Charla na Xornada "Internacionaliza a túa escola" / CAFI 27 xaneiro 2024 / Cidade da Cultura Santiago de Compostela

A nosa coordinadora Elisa Álvarez Fernández presentou unha conferencia sobra a Acollida de profesores noveles ou en prácticas a través do programa ERASMUS+ na Xornada "Internacionaliza a túa escola" organizada polo CAFI o 27 xaneiro 2024 e que tivo lugar na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. 

 


Vídeo da charla

mércores, 17 de xaneiro de 2024

MICD - Francia : Vídeo

A nosa compañeira Conchita Guerra fixo un vídeo sobre a súa estadía en Surgères wue pidedes ver no seguinte enlace 

MICD - FRA Video Surgères

luns, 8 de xaneiro de 2024

Comezan as movilidades de alumnos: Francia

O noso alumno de 2º de Bacharelato Antón Lecompte Saco comeza hoxe as mobilidades Erasmus+ de alumnos deste curso cunha estancia de dúas semanas no Lycée Polyvalent Du Pays D'Aunis de Surgères (Francia) onde asistirá ás clases regulares. De acordo coa normativa Erasmus+ estivo acompañado pola nosa compañeira do departamento francés Conchita Guerra Hoyos. Antón, que teñas unha experiencia agradable e máis que satisfactoria.

mércores, 20 de decembro de 2023

Acollida 2 profesores do Liceo "F. Ribezzo" de Francavilla Fontana (Italia)

Do día 9 ao 15 de decembro visitáronnos 2 profesores italianos para unhas estadía de jobshadowing dentro do marco ERASMUS+, a directora da escola Giuseppina Pagano e Fabrizio Filippo Longo, profesor de informática e tecnoloxía.