Durante estas xornadas, alumnado que participou en mobilidades Erasmus nos cursos anteriores estará dispoñible para compartir as súas experiencias e achegar ao resto da comunidade educativa o que supuxeron estas vivencias. Ademais, habilitarase un photocall acompañado dunha actividade titulada «Que significan para ti os valores europeos?», na que se convidará á participación de toda a comunidade educativa.
As actividades completaranse cun breve concerto o día 14 de outubro, un xogo de preguntas e respostas aberto á participación de toda a comunidade educativa e unha gymkana na biblioteca, na que participarán algúns grupos de 2º ESO.
