MOBILIDADES – ACREDITACIÓN ERASMUS+ 2026/27
CONVOCATORIA DE MOBILIDADE DE GRUPO
Datos da convocatoria
· Centro portugués: Escola Secundária de Barcelinhos (Barcelos, Portugal).
· Lingua vehicular: Inglés.
· Alumnado destinatario: 3º e 4º ESO.
· Duración da mobilidade de grupo: entre 5 e 7 días.
· Prazas dispoñibles: 15 estudantes.
Datas da mobilidade: Acollida do 1 ao 5 de febreiro / Mobilidade a Portugal no vindeiro curso 2027/2028
Buscamos 15 estudantes interesados/as en participar nunha mobilidade de grupo co centro portugués, Escola Secundária de Barcelinhos (Barcelos, Portugal), empregando o inglés como lingua vehicular. Esta mobilidade está dirixida ao alumnado que curse 3.º e 4.º ESO. A actividade ten como obxectivo asistir ás clases ordinarias do centro de acollida, realizar presentacións orais e desenvolver traballos en grupo en lingua inglesa sobre o tema "Hábitos de vida saludables y deportes tradicionales". Ademais, participaremos nalgunhas das actividades propostas polo centro portugués e realizaremos tarefas colaborativas en grupos internacionais.
Como parte do compromiso de participación, solicitarase unha fianza ás persoas seleccionadas.
Presentación de solicitudes
O alumnado interesado deberá descargar o formulario adxunto, cubrilo e envialo ao seguinte enderezo electrónico:
Data límite de presentación: mércores, 11 de novembro de 2026, ás 23:59 h.
FORMULARIO - premer en Arquivo e descargar!!!!
