mércores, 18 de outubro de 2023

Proxecto Ríos

Outro curso máis o IES As Lagoas participou co Proxecto Ríos coordinado por ADEGA, para a avaliación do estado do río Lonia na cidade de Ourense. Este ano tocoulles aos alumnos e alumnas de 1 ° da ESO e ao grupo de diversificación de 4° da ESO realizar as actividades de análise das características biolóxicas e físico-químicas da auga. Para iso usamos fichas de identificación de flora e fauna, reactivos químicos, manuais básicos…e sobre todo pasamos unha mañá estupenda.
Enlace Instagram:
Actividade Bioloxía

Jobshadowing no Liceo Francesco Ribezzo (Francavilla Fontana) Mónica Rodríguez Palomanes / Profesora de Bioloxía no IES As Lagoas

A nosa compañeira de bioloxía Mónica Rguez. Palomanes aproveitou uns días de jobshadowing no Liceo Científico F. Ribezzo de Francavila Fonta...