A semana do 19 ao 26 de xaneiro visitounos a profesora Sandra Mende do instituto Otto-Nagel-Gymnasium de Berlín nunha estancia de jobshadowing. Asistiu a clases de alemán, historia, lingua castelá e filosofía, ademais completaron o programa unhas visitas culturais polas tardes e a fin de semana. Tamén participou na xornada de Filoloxía con-ciencia na Facultade de Filoloxía da USC cun grupo de aluydo noso centro. Continuaremos a colaborar con este centro tamén con mobilidades de alumnado.

