O noso alumno de 2º de Bacharelato Antón Lecompte Saco comeza hoxe as mobilidades Erasmus+ de alumnos deste curso cunha estancia de dúas semanas no Lycée Polyvalent Du Pays D'Aunis de Surgères (Francia) onde asistirá ás clases regulares. De acordo coa normativa Erasmus+ estivo acompañado pola nosa compañeira do departamento francés Conchita Guerra Hoyos. Antón, que teñas unha experiencia agradable e máis que satisfactoria.