https://drive.google.com/file/d/1P2BfsErjAX9B0GOaO04-jUkG-dbJxevt/view?usp=drive_link
A nosa coordinadora Elisa Álvarez Fernández participou Xornadas iniciais de proxectos de mobilidade Erasmus+ KA121 en Educación Escolar e Educación de Persoas Adultas - Convocatoria Erasmus+ 2026 en Albacete os días 22-23 de setembro. Unha boa ocasión para refrescar nocións relativas ao programa Erasmus+, aprender cousas novas, (re-)encontrarse con compañeiros/as e intercambiar ideas e experiencias.
Coma sempre, un evento enriquecedor. Volvemos con novas ideas para incorporar ao noso proxecto e ao noso centro.
Dúas profesoras Elisa Álvarez e Diana Babarro acompañaron a 6 alumanas de 1º BACH da materia de alemán a unha mobilidade de grupo ao Otto-Nael-Gymnasium, centro co que establecimos contacto o curso anterior. A continuación os diarios das nenas:

Día 1
Hoxe, día 25 de abril do 2026, fixemos unha chea de cousas.
Saímos ás 8:30 do albergue, e fomos a dar un paseo ao lado Este do Muro de Berlín. Vimos as fermosas obras que alí se atopaban, e despois atravesamos o Oberbaum-Brücke para dirixirnos á parte de Berlín do outro lado do río.
Vimos o Checkpoint Charlie, e a continuación visitamos un museo acerca do muro de Berlín e a súa historia, do cal aprendimos moito.
Pasamos polo lado do semáforo máis antigo de Alemaña, e despois cruzamos a Potsdamer Platz en busca dun lugar para comer.
Trala comida fomos a varias tendas de souvenirs, e aproveitamos para entrar no Mall of Berlin.
Máis adiante dirixímonos a un impresionante monumento, no cal se rememoraban ás víctimas do holocausto.
Despois vimos a porta de Brandemburgo coas súas embaixadas, e contemplamos as Catedrais Xemelgas. Posteriormente fomos á Bebelplatz e ó Museo da Biblioteca Nacional. Collimos un U-Bahn para regresar ao hostel, e despois fomos a cenar.
Moi bo día, camiñamos moito.


A partir do martes 21 de abril, contamos con Sandra Pérez-Ramos, experta en temas de tradución e da muller na literatura e na historia. Esta visita forma parte do noso proxecto Erasmus+.